presentaciones Fitur

A única feira gastronómica galega contará cun centenar de experiencias e a presenza dunha ducia de paises con Brasil como convidado, representado pola Prefeitura de Foz do Iguaçu. A cita, que terá lugar o próximo mes de febreiro non podía faltar en Fitur, onde presentou o seu programa de actividades máis internacional no que, á tradicional e estreita cooperación transfronteiriza con Portugal, únese con máis forza que nunca a cooperación iberoamericana.
Esta cita ten carácter internacional pero sen esquecer as raíces e un dos seus obxectivos fundamentais continúa sendo promocionar o turismo de proximidade. Xantar, convertido xa nunha motivación turística en si mesma, puxo en marcha distintos paquetes para convidar o viaxeiro a gozar dunha experiencia enogastronómica (tamén termal) en Ourense, xa que a presenza no salón permitiralle descubrir os atractivos turísticos dos 12 países representados e participar no completo programa de actividades dirixidas a promocionar a calidade da súa gastronomía, vista nesta edición desde unha perspectiva sustentable e saudable.
Con ese mesmo obxectivo de promocionar un destino a través da súa gastronomía e os bos resultados obtidos na edición anterior, organízase o “III Workshop de Turismo Gastronómico” no que participarán unha decena de operadores de turismo que asistirán a presentacións e a reunións B2 B con representantes dos distintos destinos gastronómicos presentes no salón.
24 de Xaneiro de 2019

Xantar presenta a súa edición máis internacional para celebrar o seu 20º aniversario

A única feira gastronómica galega contará cun centenar de experiencias e a presenza dunha ducia de paises con Brasil como convidado, representado pola Prefeitura de Foz […]
24 de Xaneiro de 2019

Costa da Morte aposta polo patrimonio e o turismo deportivo en Fitur

A presenza de Costa da Morte non se fixo esperar este ano en Fitur, concentrándose na primeira xornada con tres presentacións agrupadas e a posta de […]