A primeira edición dos Premios Galicia de Turismo, convocados polo Clúster Turismo de Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia, contará como mestre de cerimonias co actor Javier Veiga (O Grove), encargado de conducir unha gala que terá lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o 3 de decembro.
O nove galardoes correspondentes ao nove categorías que compoñen esta primeira edición dos Premios Galicia de Turismo serán entregados no transcurso dunha cerimonia que contará, ademáis, coa actuación musical de Tanxugueiras, entre outras sorpresas.

Os galardóns que se entregarán o 3 de decembro son os correspondentes aos premios Vangarda, Sustentabilidade, Patrimonio, Promoción e Evento. Este cinco premios serán outorgados ao longo deste mes de novembro por un xurado formado por representantes da Industria, da Administración e da Universidade-, ademais do premio Escenario que foi votado na web premiosgaliciadeturismo.gal a partir dunha selección de fotografías de 24 recursos turísticos de Galicia polo Consello Executivo do Clúster Turismo de Galicia, e o tres recoñecementos honoríficos: Embaixador ou Embaixadora Nacional, Embaixador ou Embaixadora Internacional, e Pioneiro ou Pioneira, que son elixido directamente polos promotores do evento.

Os Premios Galicia de Turismo son o máximo recoñecemento que outorga a industria turística as persoas, institucións e entidades polo seu traballo a favor da consolidación de Galicia como destino turístico acolledor, contemporáneo, innovador, de calidade e respectuoso co medio ambiente natural. Nacen en 2019 con vocación de continuidade e para ser concedidos cunha periodicidade anual polo Clúster Turismo de Galicia e a Xunta de Galicia nun esquema de colaboración público-privada integrada na planificación estratéxica do desenvolvemento turístico da Comunidade.

11 de Novembro de 2019

A cerimonia de entrega de galardóns celebrarase no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o próximo 3 de decembro.

A primeira edición dos Premios Galicia de Turismo, convocados polo Clúster Turismo de Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia, contará como mestre de cerimonias co […]
15 de Outubro de 2019

Aberto até o 10 de novembro o prazo para presentar candidaturas aos premios Galicia de Turismo

Poderanse presentar propostas a cinco das categorías a concurso a través de web ou correo electrónico Queres presentar unha candidatura a algunha do cinco categorías abertas […]
07 de Outubro de 2019

Xunta de Galicia e Clúster Turismo de Galicia crean os premios Galicia de Turismo que recoñecerán iniciativas exitosas do sector

A iniciativa, que xorde con vocación de continuidade, concederá nove galardoes a persoas, empresas e proxectos pola súa contribución a mellorar o desenvolver o sector turístico […]
29 de Maio de 2019

OMT e Fundación ONCE buscan os mellores destinos turísticos accesibles

A Organización Mundial do Turismo, OMT, e Fundación ONCE lanzaron a primeira convocatoria das Mencións “Destinos Turísticos Accesibles”, ATD, polas súas siglas en inglés, que recoñecerán […]