Aberto até o 10 de novembro o prazo para presentar candidaturas aos premios Galicia de Turismo

ACTIVIDADES

Aberto até o 10 de novembro o prazo para presentar candidaturas aos premios Galicia de Turismo

Poderanse presentar propostas a cinco das categorías a concurso a través de web ou correo electrónico

Queres presentar unha candidatura a algunha do cinco categorías abertas a concurso dos Premios Galicia de Turismo? Na web dos premios recóllese o formulario que tes que cubrir para presentar a unha persoa, entidade ou iniciativa a estes galardóns cuxa primeira edición se fallará a finais de ano nunha gala que se celebrará na Coruña.

Impulsados pola Consellería de Cultura e Turismo e o Clúster Turismo de Galicia os premios nacen cun total de nove categorías das que cinco están abertas á presentación de candidaturas de forma libre. As categorías son Vangarda, que recoñecerá unha iniciativa, persoa ou entidade que destacase pola posta en marcha de accións que impliquen unha novidade conceptual ou innovación tecnolóxica; Sustentabilidade, que recoñecerá a unha persoa ou entidade que destacase no impulso do turismo sustentable en Galicia; Patrimonio, que recoñecerá o traballo para manter ou mellorar o patrimonio histórico, artístico ou cultural galego; Promoción, que recoñecerá unha promoción de mercadotecnia en prol do destino Galicia e Evento, que recoñecerá unha persoa ou evento que contribuíse á promoción de destino.

As candidaturas pódense enviar vía web ou a través do correo candidaturas@premiosgaliciadeturismo.gal até o próximo 10 de novembro, non podendo presentarse a mesma candidatura ao cinco categorías por parte do mesmo proponiente. Os premios non teñen dotación económica e non poderán quedar desertos.

O mesmo prazo, até o 10 de novembro, terá tamén o público xeral para votar entre os 24 candidatos ao premio na categoría de Escenario, que recoñecerá unha localización natural, urbana, histórica ou cultural destacada pola súa beleza, relevanica, coidado e conservación, a través dunha votación aberta.

Finalmente, o tres ultimas categorías serán decididas por un xurado composto por profesionais do sector: “Embaixador/a Nacional”, “Embaixador/a Internacional” e “Pioneiro”, nas que se recoñecerá unha persoa de prestixio e transcendencia pública no ámbito nacional ou internacional que se distinguiu pola súa contribución á difusión de Galicia como destino turístico mentres que o de pioneiro distinguirá a unha empresa ou persoa que abrise novos camiños ou experiencias de éxito no sector.