Premios Galicia de Turismo

Trátase da primeira edición destes premios que nacen con vocacación de continuidade e de resaltar o traballo pola calidade e a profesionalidade dun sector turístico galego forte

O Clúster Turismo de Galicia e a Xunta de Galicia entregaron hoxe o nove Ara Solis correspondentes á primeira edición dos Premios Galicia de Turismo, nunha gala celebrada no Teatro Rosalía de Castro da Coruña que tivo ao actor e humorista Xavier Veiga como mestre de cerimonias. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, foi o encargado de facer a entrega dos premios aos embaixadores nacional, que recibiu unha emocionada Luz Casal, e internacional, na figura de Hong-jo Chun, o embaixador da República de Corea en España, un país que nos últimos cinco anos trouxo á nosa rexión a máis de 23.000 peregrinos da Ruta Xacobea.

Na súa intervención Román Rodríguez destacou o peso que terá o Xacobeo 2021 como motor e panca de cambio para a economía e o sector turístico galego, á vez que destacaba a relevancia dos proxectos e persoas premiadas e destacou a súa contribución á boa marcha do turismo da Comunidade. Así mesmo, destacou as potencialidades do modelo turístico galego, que aposta pola desestacionalización da demanda turística, permitindo atraer visitantes durante todas as épocas do ano, e pola descentralización de fluxos, estendendo o impacto desta industria a todos os concellos. Lembrou que, grazas a esta folla de ruta, Galicia é a Comunidade que lidera este ano o crecemento turístico en toda España, até o punto de que, de manterse a evolución actual, pechará o ano superando a barreira do cinco millóns de visitantes e conseguindo os mellores datos turísticos da súa historia.

Pola súa banda Cesáreo Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia, fixo o recoñecemento honorífico como Pioneiros aos irmáns Paco e Moncho Vilas, de Casa Vilas, “polo seu papel no desenvolvemento dunha cociñan galega de calidade recoñecida internacionalmente”, e agradeceu ao conxunto do sector e á colaboración público- privada os froitos do traballo deste sete anos desde a creación do Clúster, cuxo traballo reinvindicó na construción de “unha industria moderna e competitiva, unha industria respectuosa co medio ambiente e o medio natural. Unha industria que achega felicidade. Unha industria que é motor de Galicia e diante de que quero reivindicar o papel do Clúster Turismo de Galicia neste exitoso desenvolvemento”.

A Coruña, anfitrioa da primeira edición
Pola súa banda, Inés Rei, alcaldesa da Coruña, que exerceu de anfitrioa da gala, entregou o Premio Escenario a Ribadavia, a localización máis votada entre 24 lugares de toda Galicia na enquisa pública desenvolvida na web www.premiosgaliciadeturismo.gal. Recolleu o galardón o alcalde da vila ourensá, Cesar Manuel Fernández Gil que agradeceu o premio e esperou que tamén sirva para que máis xente achéguese a esta poboación para coñecer o seu patrimonio e recursos.

O Premio Sustentabilidade recaeu en Camiño dos Faros pola súa contribución ao desenvolvemento dun turismo sustentable. Entregaron o galardón á presidenta da asociación, Cristina Alonso, Belén Montero, directora de Pazos e Congresos e Exposicións de Galicia, e Jesús Picallo, presidente de Solpor, Asociación de Empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía. A directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, María del Carmen Martínez Ínsua, o director xeral do banco SabadellGallego, Pablo Junceda, e o tesoureiro do Clúster Turismo de Galicia, Alfonso Martínez, entregaron o premio Patrimonio ao proxecto de restauración do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela. Recolleron os correspondente Ara Solis a coordinadora do proxecto, Ana Laborde, o deán da catedral de Santiago de Compostela, Segundo Pérez, e a directora da Fundación Barrié, Carmen Arias.

O presidente, Luís Fernández, e vicepresidente, César Parente, do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra recolleron de mans de Sara Santos, presidente da Asociación Hostalaría Compostela, e de Héctor Cañete, vicepresidente do Clúster, o premio á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da Unesco en 2021 na categoría Promoción.
O premio Evento, entregado por Lorena Varela, xerente da Ruta do Viño Rías Baixas, e Rodrigo Burgos, director de MEGA: Mundo Estrela Galicia, foi para o Resurrection Fest. Recolleron o galardón os responsables do festival, Iván e David Méndez. A directora de Expourense, Emma González, e o secretario do Clúster, César Sánchez-Ballesteros, finalmente, entregaron á axencia especializada no Camiño de Santiago Pilgrim Travel o premio na categoría Vangarda.
Esta primeira edición, os premios han contando coa colaboración do banco Sabadell, Estrela Galicia e o Concello da Coruña.

04 de Decembro de 2019

O Clúster Turismo de Galicia e a Xunta de Galicia entregaron os Premios Galicia de Turismo 2019

Trátase da primeira edición destes premios que nacen con vocacación de continuidade e de resaltar o traballo pola calidade e a profesionalidade dun sector turístico galego […]
28 de Novembro de 2019

O proxecto de restauración do Pórtico da Gloria, a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade, Pilgrim Travel, o Resurrection Fest e a asociación Camiño dos Faros son os Premios Galicia de Turismo 2019

A cerimonia de entrega dos galardóns celebrarase no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o próximo 3 de decembro Un xurado presidido por Cesáreo Pardal, presidente […]
22 de Novembro de 2019

Luz Casal, o embaixador da República de Corea en España e os irmáns Vilas, elixidos os recoñecementos honoríficos dos Premios Galicia de Turismo 2019

Recibirán os correspondentes galardóns como Embaixadora Nacional, Embaixador Internacional e Pioneiros O Consello Executivo do Clúster Turismo de Galicia e a Xunta de Galicia decidiron outorgar […]
15 de Outubro de 2019

Aberto até o 10 de novembro o prazo para presentar candidaturas aos premios Galicia de Turismo

Poderanse presentar propostas a cinco das categorías a concurso a través de web ou correo electrónico Queres presentar unha candidatura a algunha do cinco categorías abertas […]