O sector MICE galego participa esta semana na maior feira nacional especializada en turismo de congresos, IBTM World de Barcelona, que reúne a máis de 17.500 profesionais até o 1 de decembro. Durante o tres xornadas de duración desta feira, o sector galego do turismo de congresos e incentivos, a través de Turismo de Galicia, promocionará o territorio como destino turístico perfecto para este tipo de turismo que supuxo o ano pasado un volume de facturación en Galicia ao redor dos 60 millóns de euros.

A través de dúas casetas, a comunidade galega presentará así a oferta turística galega especializada en congresos, reunións e convencións de empresa coa participación de Santiago de Compostela Convention Bureau, Vigo Convention Bureau, Turismo da Coruña, Expocoruña, Palexco, OPC Galicia, Abramar DMC, DCM Galicia e Palacio de Congresos de Santiago.

Nesta nova edición da IBTM World. Na que participan preto de 15.000 expositores destaca entre as súas novidades a Zona de Innovación, na que se mostran as mellores solucións tecnolóxicas e servizos que marcarán o sector das reunións no futuro, seleccionadas por expertos mundiais, así como o recoñecido programa internacional de Compradores Convidados (Hosted Buyers) procedentes de máis de 70 países. Tamén terá un papel relevante o Programa Formativo con máis de 100 conferencias, talleres e seminarios

Cifras nacionais

O turismo de negocios en España incrementouse nun 15,5% o ano pasado, alcanzando o cinco millóns de turistas que visitaron o país por este motivo sendo Barcelona a segunda cidade que máis asistentes recibiu nas reunións organizadas en 2014 e a terceira con maior número de encontros en 2015.

30 de Novembro de 2016

O turismo galego de reunións dáse cita na feira IBTM World de Barcelona

O sector MICE galego participa esta semana na maior feira nacional especializada en turismo de congresos, IBTM World de Barcelona, que reúne a máis de 17.500 […]
21 de Abril de 2016

Galicia promociónase en Frankfurt como destino para o turismo de congresos e incentivos

No marco da Feira IMEX participaron representantes do sector MICE galego como Palexco, ExpoCoruña e Vigo Convention Bureau Unha representación do sector MICE galego deuse cita […]
22 de Febreiro de 2016

Palexco acollerá unha nova edición do Congreso Lo que de verdad importa

A Coruña e, en concreto o seu Palacio de Congresos Palexco, volve ser a sede elixida para celebrar unha nova edición do Congreso Lo que de […]
25 de Outubro de 2015

Más de 500 profesionales se dan cita en el III Congreso Internacional de Calidad Turística en A Coruña

Del 28 al 30 de octubre Palexco acoge este encuentro que reúne a los máximos exponentes del sector turístico mundial para debatir sobre la importancia de […]