NetworkingSanxenxo

Impulsada polo Clúster Turismo de Galicia en colaboración coa Deputación de Pontevedra a xornada contou con relatorios e mesas redondas para profundar nos retos e as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías

A xornada serviu para xerar sinerxías entre os empresarios de face a adaptar e mellorar os servizos que ofertan aos seus clientes

Un centenar de empresas turísticas, provedores dixitais e profesionais do sector interesados en coñecer os cambios que se están producindo no sector turístico a nivel global participaron no Encontro Profesional “Innovación e Transformación dixital do turismo” que o Clúster Turismo de Galicia en colaboración coa Deputación de Pontevedra celebrou esta mañá no Real Club Náutico de Sanxenxo.

A importancia da cooperación para mellorar a conectividade e os servizos dixitais que se ofertan aos turistas, o big data e a internet das cousas como novidades tecnolóxicas que son xa o presente para un sector turístico onde o viaxeiro 3.0 demanda servizos adaptados ás súas novas necesidades ou a implantación de novas tecnoloxías que permiten a personalización, fidelización e mellora dos servizos turísticos foron algunhas das principais conclusións que se extraeron.
A xornada compúxose de dous relatorios e ptras tantas mesas redondas na que tomaron parte destacados expertos de empresas como R; Bismart, orientada cara ao big data, Made in Mobil, especializada en IOT (Internet of Things); Knowdle, que desenvolveu un sofware 100% español oritenado á intelixencia colectiva; PastView, que desenvolve proxectos de realidade virtual; Brandmaniac, que ofreceu información sobre o uso da mercadotecnia influencer no sector turísticom, a consultora turística Nani Arenas ou More Turismo Internacional.

Casos de éxito e as novidades que chegan
Un encontro no que os profesionais puideron coñecer casos de éxito na implantación das novas tecnoloxías a través do proxecto SmartPeme da Deputación de Pontevedra e profundar no uso destas ferramentas para comunicar mellor o destino Galicia, ademais de coñecer as últimas novidades en materia de realidade virtual ou intelixencia colectiva.
“A transformación dixital é unha realidade compras en liña, de geolocalización, de webs comparativas de prezos, de redes sociais… Esta transformación acelerouse enormemente nos últimos anos e supón un reto para o sector turístico galego pero tamén nos abre infinitas posibilidades para competir nun mercado global”, explicou o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Francisco González, durante a apertura da xornada, na que destacou que o novo turista “aprecia máis a calidade de conexión do wifi que un bo almorzo, e iso témolo que ter en conta”.

No acto de apertura tamén participou o presidente do Clúster TIC, Antonio Rodríguez, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martin, o deputado provincial de Innovación, Promoción Económica e Turismo da Deputación de Pontevedra, Santos Héctor e a xefa de área provincial de Pontevedra de Turismo de Galicia, Mª Ángeles Ferreiro. Todos eles destacaron a importancia de desenvolver este tipo de iniciativas e da cooperación público-privada como ferramenta fundamental para a súa posta en marcha, así como á importancia de seguir traballando no fortalecemento do Galicia, da provincia de Pontevedra, e de Sanxenxo, como destino turístico innovador e competitivo.

19 de Outubro de 2017

Un centenar de empresarios do sector turístico galego amplían horizontes no Encontro Profesional De Innovación e Novas Tecnoloxías celebrado en Sanxenxo

Impulsada polo Clúster Turismo de Galicia en colaboración coa Deputación de Pontevedra a xornada contou con relatorios e mesas redondas para profundar nos retos e as […]