Incitus elixiu xa o cinco proxectos galegos que optarán ao galardón da terceira edición do Premio Incitus. Nesta ocasión, as provincias da Coruña, Pontevedra e Ourense estarán representadas entre o cinco candidatos que competirán por conseguir os servizos necesarios para executar con garantía o seu proxecto soñado. Todo iso de forma gratuíta e con profesionais de referencia. Os elixidos son: Coffee First, en Ourense, unha cafetaría con microtostadora propia que contará cunha aula de formación sobre barismo; Nana Pancha, unha antojería e cantina mexicana que se situará na Coruña, onde a tradición se mesturará coa paixón pola comida e gozarase en forma de taco.
Ramen Bar Fuji, en Vigo, un restaurante temático de comida rápida xaponesa no que se gozarán as orixinais receitas nipoas en base aos famosos fideos ramen. Un prato que se come rápido pero cocíñase lento; Rúa 13-O Mercado, un mercado gastronómico coruñés con diferentes propostas culinarias baixo un mesmo teito e Terra de Historias, en Bandeira, con adega gourmet e especializado en carne de Bandeira.
A partir de setembro, estes 5 proxectos candidatos comezarán un proceso de mentorización no que, durante tres meses, reputados profesionais axudaranlles e acompañarán na realización dun completo plan de estratéxico de empresa. De aquí sairán os proxectos finalistas e un proxecto gañador do Premio Incitus 2018: o mellor proxecto hostaleiro do ano en Galicia.

Esta iniciativa, como xa se sabe, privada e sen ánimo de lucro, ten como obxectivo dinamizar o sector hostaleiro galego apoiando e premiando proxectos con sede en Galicia que basean o seu modelo de negocio na innovación e a creatividade.

11 de Agosto de 2017

A 3ª edición de Incitus xa ten 5 candidatos ao premio

Incitus elixiu xa o cinco proxectos galegos que optarán ao galardón da terceira edición do Premio Incitus. Nesta ocasión, as provincias da Coruña, Pontevedra e Ourense […]
07 de Febreiro de 2017

A gastrotaberna canalla e viaxeira Pracer de Coruña gaña o II Premio Incitus

Moncho Bargo á fronte de Pracer, un proxecto que el mesmo define como unha barra de cociña canalla e viaxeira, foi considerado polo xurado co mellor […]
25 de Agosto de 2016

Seleccionados o cinco proxectos que optarán ao Premio Incitus 2016

O Movemento Incitus púxose de novo en marcha cunha nova edición do seu programa de mentorización para a mellora do sector hostaleiro galego. E fíxoo seleccionado […]
16 de Maio de 2016

Compostela acolle a presentación da segunda edición de Incitus

Pedro Larumbe, Pepe Solla e Luís Veira son os chefs invitados para a presentación da nova edición de Incitus, o proxecto de dinamización da hostalaría galega […]