A Cidade da Cultura acolle mañá, a partir das 11h, a presentación da terceira edición do Plan de Formación impulsado polo Clúster Turismo de Galicia e dirixido ao sector turístico galego para mellorar as súas capacidades profesionais. Un plan que recolle máis dunha trintena de actuacións que se desenvolverán no próximos tres meses no catro provincias galegas
O secretario do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, e o Director Xeral de IFFE Bussines School, Manuel Carneiro, serán os encargados de presentar o Plan, que inclúe preto de 300 horas de formación gratuíta para este sector profesional. A masterclass “Experiencias memorables e fidelización de clientes no sector turístico” a cargo de Juan Carlos Alcaide, máximo referente a nivel nacional en experiencia de cliente, servirá como punto de arranque do Plan.
Toda a información e inscripcións a través de este enlace