A formación en inglés a través deste programa continúa esta semana en Santiago, Ourense, Monforte e A Coruña
A capacitación termina a finais deste mes de outubro

O Programa de Promoción Turística Galicia Friendly, promovido polo Clúster de Turismo de Galicia, e impulsado pola Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra, a Asociación Provincial de Empresarios de Hosteleria de Lugo, a Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Ourense, e a Asociación Provincial de Empresarios de Hosteleria da Coruña, capacitou en competencias lingüísticas a máis de 75 traballadores de empresas de hostalaría e turismo das Provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.

O 2 de outubro, Galicia Friendly abre novas edicións en Santiago, Monforte, A Coruña e Ourense, ata alcanzar, a finais de outubro a 300 empresas galegas nas que poderemos ver o Selo Galicia Friendly na porta do seu establecemento.

Desta forma, dous novos grupos empezan na Escola Álvaro Cunqueiro da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría da Coruña, un na Escola de Hostalaría de Santiago Hostalaría, outro en Monforte no Hotel Alfonso IX, e un último grupo na Escola de Hostalaría da Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Ourense.

Un Programa Pioneiro, chamado a converterse nunha referencia:

Co obxectivo de mellorar as competencias lingüísticas do sector turístico galego o Clúster Turismo de Galicia, co financiamento da Axencia de Turismo de Galicia, apoiou a posta en marcha este programa que vai supor unha importante mellora non só na comercialización do Destino Galicia, senón nunha mellora importante na atención aos turistas estranxeiros nos locais de hostalaría e aloxamento turístico, co obxectivo de avanzar na Estratexia 2020 do Turismo de Galicia.

As empresas que reciban o distintivo Galicia Friendly serán incluídas na Guía de Promoción Turística que leva o mesmo nome, e que se distribuirán nas principais feiras de turismo de Europa.

O proxecto conta tamén cunha web http://galiciafriendly.es/, onde non só se poderán consultar as empresas participantes se non tamén unha ficha dos mesmos con información básica de onde se atopa, como chegar e os últimos comentarios que recibiron.

02 de Outubro de 2017

75 empresas turísticas pasaron xa polo programa Galicia Friendly

A formación en inglés a través deste programa continúa esta semana en Santiago, Ourense, Monforte e A Coruña A capacitación termina a finais deste mes de […]