Guías de Galicia

A iniciativa, denominada Descobre Galicia, busca establecer unha colaboración a longo prazo con outros colectivos turísticos

No marco do convenio asinado entre APITgalicia e a anterior Consellería de Cultura e Turismo dentro das iniciativas para a reactivación dos sectores turístico e cultural, a Asociación de Guías promove a contratación de guías oficiais en excursións e circuítos por Galicia a través do programa denominado Descobre Galicia.

A iniciativa busca fomentar a reactivación no sector dos guías oficiais de turismo, crear sinerxías con outros subsectores do turismo e establecer cooperacións que vaian mais alá da crise actual sentando unhas bases de cooperación para o futuro.

Cabe destacar que o programa ten carácter retroactivo o que significa que todas as axencias de viaxes que apostaron por Galicia durante este verán e durante este outono poderán solicitar 1 dos 200 bonos dos que consta a promoción para custear parcialmente a contratación dun guía oficial de turismo de Galicia, independentemente do seu membresía a Apitgalicia ou non. A iniciativa, que foi presentada oficialmente con motivo do Día Mundial do Turismo conta coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia no marco do seu traballo para seguir construíndo Galicia como un destino seguro e un destino respectuoso cos habitantes das cidades e vilas de Galicia.

Máis información e formularios de solicitude en www.guiasdegalicia.org

05 de Outubro de 2020

A Asociación de Guías de Galicia promove a contratación destes profesionais en excursións e circuítos pola comunidade

A iniciativa, denominada Descobre Galicia, busca establecer unha colaboración a longo prazo con outros colectivos turísticos No marco do convenio asinado entre APITgalicia e a anterior […]
30 de Setembro de 2020

Unha app impulsada por guías galegos permite escoitar as súas indicacións a través dos móbiles

A Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia impulsou unha app denominada Guías de Galicia que permitirá recibir as súas indicacións aos turistas a través […]
01 de Xullo de 2020

Volven as visitas guiadas cos guías oficiais de Galicia

A asociación que agrupa a este colectivo en Galicia, APIT Galicia, asinou un convenio de colaboración con Fegatur para obsequiar aos turistas rurais con tours gratuítos […]
21 de Febreiro de 2020

Apit Galicia celebra con visitas guiadas gratuítas o Día Internacional do Guía de Turismo

Con motivo da celebración do Día internacional do Guía de Turismo, a Asociación Profesional de Guías de Galicia ofrecerá ao longo de toda a xornada do venres, […]