O Instituto Tecnolóxico Hostaleiro (ITH), da man da Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos (CEHAT) elaborou unha listaxe das principais pautas que os establecementos de aloxamento turísico teñen que ter en conta coa mirada posta en que o sector poida ir preparando a súa reapertura.

Este documento, elaborado en base á orde SND/399/2020 do 9 de maio do 2020 do Ministerio de Sanidade, á guía publicada polo Ministerio de Sanidade e elaborada polo ICTE ?Medidas para a redución do contaxio polo coronavirus SARSCoV-2?e o elaborado por HOSBEC ?Guía HOSBEC para a reapertura post Covid-19 en aloxamentos turísticos? engloba todas as medidas que se deben tomar para achegar a maior seguridade, garantía e confianza nos clientes e nos traballadores, certificando a minimización de riscos hixiénicos e sanitarios fronte ao Covid-19. Inclúe as obrigacións publicadas no BOE para a fase I, como as recomendacións do protocolo xeral.

O check list é eminentemente práctico e serve para calquera tipo de hotel ou establecemento alojativo, sexa grande ou pequeno, sexa cadea ou independente. Este traballado está a coordinarse a nivel nacional polo ICTE, para que sexa único e coherente, e que deste xeito, póidase homogenizar a nivel europeo e internacional.

Descárgao aquí: Check list CEHAT-ITH Medidas para a reduccio?n de riscos higie?nico-sanitarios para hoteis fronte ao Covid-19 Fase I DIN A4

15 de Maio de 2020

Pautas concretas para a reapertura do sector hoteleiro

O Instituto Tecnolóxico Hostaleiro (ITH), da man da Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos (CEHAT) elaborou unha listaxe das principais pautas que os establecementos de […]
01 de Outubro de 2019

Proturga lanza unha guía para sensibilizar sobre a profesionalización do sector turístico galego

A Asociación de Profesionais do Turismo de Galicia, PROTURGA, lanzou a primeira Guía de Profesionalización do Turismo, unha publicación que pode descargarse da súa web, e […]
22 de Maio de 2019

A OMT lanza unha guía coas claves para impulsar o turismo gastronómico

Impulsar un modelo de gobernanza con liderado, transparente e participativo, o deseño dun plan estratéxico que debe estar perfectamente aliñado co Plan de Turismo, fomentar os […]