A potencia da Semana Santa tanto de Viveiro como de Ferrol foi presentada en Fitur como unha oportunidade para realizar turismo cultural e gastronómico especialmente na primavera. Os alcaldes de ambas as cidades presentaron no Salón Internacional de Turismo unha oferta que propón a ambas as cidades, e por extensión, a Galicia como opcións perfectas para o turismo de primavera. No caso de Ferrol, a cidade apostou pola presentación da Ruta das Meninas de Canido, unha iniciativa artística que conta xa con máis de 200 pinturas nas fachadas de edificios do barrio de Canido, en Ferrol e que conta ademais cun evento cultural propio que se celebra en setembro. Algunhas das obras tamén se poden gozar en realidade aumentada grazas a unha aplicación de móbil grautita, Visuar (para Android e iPhone) que nos permitirá ver 18 das menidas dixitalizadas.

Ademais, Ferrol presentouse como destino turístico ideal para o turismo activo, centrado en prácticas como o parapente ou o surf. Nesta liña creouse un vídeo promocional e unha web www.ferrolactivo.es, con toda a oferta de actividades e empresas de turismo activo.

Semana Santa de Ferrol e Viveiro

Ademais presentáronse en Fitur as dúas únicas Semanas Santas galegas que contan co recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional, a de Ferrol e a de Viveiro, con especial atención á evolución da fista ao longo do tempo.

19 de Xaneiro de 2017

Ferrol, destino cultural e Semana Santa ferrolá e de Viveiro, reclamos de primavera

A potencia da Semana Santa tanto de Viveiro como de Ferrol foi presentada en Fitur como unha oportunidade para realizar turismo cultural e gastronómico especialmente na […]
17 de Xuño de 2016

Nova edición de #ForturMark en Ferrol para coñecer boas prácticas de mercadotecnia aplicadas ao turismo

Entre o 20 e o 22 de xuño Ferrol acolleu a segunda edición do Foro de Turismo e Mercadotecnia ForturMark, co obxectivo de profundar no uso […]
21 de Xaneiro de 2016

Galicia asume la coordinación de la España Verde

En la segunda jornada de #Fitur2016 se llevaron a cabo un total de 15 presentaciones de destinos y productos turísticos gallegos La 36 edición de la […]
07 de Decembro de 2015

Ferrol organiza una jornada informativa sobre turismo activo

El Antiguo Hospicio de Ferrol acoge el jueves, 10 de diciembre una jornada informativa de carácter gratuito en torno al turismo activo, que está en alza […]