Tras o éxito cultivado na súa primeira edición en Ferrol, With Love Feira Creativos dá o salto e trasládase até A Coruña onde ExpoCoruña acollerá a segunda edición deste evento único en Galicia dedicada á cultura do feito a man. Do 6 ao 8 de maio o recinto feiral acollerá un gran número de casetas de exposición, venda e tallleres das mellores empresas dedicadas ao patchwork, scrapbooking, manualidades, cociña, pintura, papelería… non faltarán tampouco nin exhibicións de labores tan fermosos como as palilleiras nin demostracións gratuítas e exposicións. Haberá unha Zona Infantil con talleres continuos para os máis pequenos, zona expositiva e un escenario con diferentes mostras artísticas, concursos e diversas promocións durante a feira.
A entrada ao recinto é de 4 euros por xornada, con posibilidade de obter descontos por entradas en grupo e pola asistencia á feira o tres días.