A Cidade da Cultura acolleu o acto de entrega dos diplomas de aproveitamento da formación, impulsada polo Clúster Turismo de Galicia en colaboración coas asociacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra

A través dun total de 15 cursos nas que tomaron parte un total de 200 persoas, 90 empresas conseguiron acreditarse na primeira edición do programa de capacitación en inglés de Galicia Friendly, que se desenvolveu entre os meses de setembro e novembro no catro provincias galegas. A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acolleu esta mañá o acto de clausura do programa, no que se fixo entrega aos participantes do seu diploma de aproveitamento e o selo Galicia Friendly que acredita que o seu establecemento está capacitado para ofrecer unha atención en inglés ao cliente, obxectivo que se perseguía con esta iniciativa orientada ao sector turístico galego.

A iniciativa enmárcase dentro das accións de profesionalización e mellora da comercialización que o Clúster Turismo de Galicia pon en marcha de forma anual en colaboración cos seus asociados, neste caso a Asociación Provincial de Empresarios de Hosteleria da Coruña, a Asociación Provincial de Empresarios de Hosteleria de Lugo, a Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Ourense, e a Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra. O obxectivo é, en última instancia, mellorar a comercialización do destino Galicia facilitando e mellorando a atención ao cada vez maior número de turistas procendentes de fóra das nosas fronteiras.

Desde o Cluster Turismo de Galicia o seu presidente, Francisco González, valoraba positivamente este tipo de iniciativas, que permiten ao sector mellorar na calidade dos servizos ofrecidos, á vez que destacaba a boa acollida que tivo o programa “o que nos leva a expornos a necesidade de seguir apostando por programas nos que non pode faltar a formación en idiomas, que nos axuda no proceso de desestacionalización no que estamos a traballar”, explicou o presidente que anunciou a intención do Clúster de dar continuidade ao programa.

Ademais da capacitación para a atención correcta en inglés dos turistas, o programa Galicia Friendly inclúe a promoción das empresas participantes a través da posta en marcha da guía Galicia Friendly, que se elaborará a partir dos datos dos establecementos participantes no programa e que se repartirá a partir de 2018 nas principais feiras internacionais nas que se promociona o Destino Galicia.

31 de Outubro de 2017

90 empresas turísticas reciben o selo Galicia Friendly que acredita as competencias adquiridas en inglés

A Cidade da Cultura acolleu o acto de entrega dos diplomas de aproveitamento da formación, impulsada polo Clúster Turismo de Galicia en colaboración coas asociacións provinciais […]
30 de Setembro de 2015

Feprohos organiza una nueva edición del concurso de tapas Petisquiño

La Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra ha puesto en marcha la segunda edición de su Concurso de Tapas Petisquiño, que se celebrará en […]
07 de Marzo de 2015

Oferta formativa de Feprohos para marzo y abril

La Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra oferta un programa formativo para marzo y abril en el que se incluyen un curso de alergias […]