O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, tomou parte como membro do comité executivo da Federación Española de Hostalaría (FEHR) na recepción que a Federación mantivo coa súa Maxestade o Rei Felipe VI con motivo do 40 aniversario da entidade asociativa.
Durante o acto fíxose entrega da Insignia de Ouro da Federación a Cheché Real como mostra de agradecemento á súa contribución no fomento e promoción da actividade hostaleira no país e Cheché Real aproveitou a ocasión para entregarlle unha placa de Sargadelos coa lema ..E para comer, Lugo e un exemplar da última edición da guía turística da provincia.