ExpoCoruña

Os representantes do sector feiral, de congresos e incentivos mantiveron encontros profesionais nesta cita do 16 ao 18 de maio

Unha edición máis, o sector galego do turismo de feiras, congresos e incentivos, MICE, volveu congregarse na feira IMEX de Frankfurt, unha das citas profesionais máis importantes no ámbito do turismo de reunións. Representantes deste sector como ExpoCoruña ou Palexco xunto con Turismo da Coruña e de Santiago Convention Bureau viaxaron ata Alemaña para tomar parte nesta feira. Da man de Turismo de Galicia mantiveron encontros profesionais na caseta de promoción de Turismo de Galicia, que lles permitiu tanto dar a coñecer Galicia como destino ideal para o turismo de feiras, congresos, incentivos, presentacións de produto como manter reunións con empresas do sector.

Así, por exemplo, ExpoCoruña entrevistouse con diferentes axencias de comunicación e organizadoras de eventos, en total 18, das que 8 eran empresas españolas, 6 portuguesas, 1 de Reino Unido, 1 de Acerbaixán, 1 Marrocos e 1 de Francia, a maioría destas axencias dedicadas a incentivos e presentacións de produtos. Ademais, os representantes galegos tamén tomaron parte na xa clásica Noite Española, unha auténtica institución no marco da IMEX, que se celebrou nos salóns do Instituto Cervantes, e na que o director da OET de Frankfurt, Xullo López Astor, e Frank Wewoda, editor da revista especializada “tagungswirtschaft”, conversaron sobre a evolución de España como destino MICE, no mercado emisor alemán, así como das esixencias que este expón ás empresas españolas do Sector, en base á revolución dixital e á luz das actuais tendencias nos dous países.

A feira IMEX de Frankfurt consolidouse como unha cita imprescindible para o sector MICE, cunha edición que superou os 3500 expositores de 150 países e coa visita de máis de 9000 profesionais vinculados ao sector.

18 de Maio de 2017

Misión comercial galega en IMEX de Frankfurt, a feira do sector MICE máis importante do mundo

Os representantes do sector feiral, de congresos e incentivos mantiveron encontros profesionais nesta cita do 16 ao 18 de maio Unha edición máis, o sector galego […]
12 de Maio de 2017

Galicia promocionarase como destino de feiras, congresos e incentivos na feira IMEX de Frankfurt

Representantes do sector MICE galego como Palexco ou ExpoCoruña xunto con Turismo da Coruña e Turismo de Galicia estarán presentes nesta cita do 16 ao 18 […]
16 de Marzo de 2017

Máis de 23 mil persoas déronse cita en ExpoCoruña para gozar de actividades e espazo expositivo do Forum Gastronómico

Satisfacción de público e organización do evento, que incrementou espazo expostivo no terceiro Forum que recala na Coruña Algo máis de 23.000 persoas déronse cita ao […]
30 de Novembro de 2016

O turismo galego de reunións dáse cita na feira IBTM World de Barcelona

O sector MICE galego participa esta semana na maior feira nacional especializada en turismo de congresos, IBTM World de Barcelona, que reúne a máis de 17.500 […]