enoturismo

Medio cento de persoas participaron na ruta de sendeirismo paralela

A II BTT Ruta do Viño Rías Baixas reuniu o domingo 26 de novembro en Arbo a preto de 200 ciclistas que fixeron un percorrido non competitivo de 45 quilómetros que discorreu a través de tres adegas asociadas a esta entidade. Ademais, 50 persoas participaron na ruta de sendeirismo que transcorreu de xeito paralelo á carreira de BTT polo municipio de Arbo.
Entre as caras coñecidas que se deron cita nesta proba non competitiva atopáronse Álvaro Pino, Ramón Mella, Ramón Troncoso e David López, que se converteron nos embaixadores da proba. A BTT discorreu entre tres adegas socias e os seus viñedos, onde se situaron os puntos de avituallamento: Pazo Pondal (no quilómetro 21) e Marqués de Vizhoja (quilómetro 38) onde se ofreceron  bebidas, mentres que na adega As Laxas (quilómetro 26) dispúxose a comida.
Ao tratarse dunha proba non competitiva, entregáronse galardóns conmemorativos aos participantes máis veteranos e ao club máis numeroso, así como aos embaixadores da proba e a todos os participantes, que recibiron unha camisola técnica, unha botella de viño D. O. Rías Baixas elaborado por adegas asociadas á Ruta do Viño Rías Baixas e un vale para unha revisión básica e gratuíta para a súa bicicleta no Corte Inglés de Vigo, patrocinador do evento.

29 de Novembro de 2017

O II BTT Ruta do Viño Rías Baixas reuniu a 200 ciclistas no Condado do Tea

Medio cento de persoas participaron na ruta de sendeirismo paralela A II BTT Ruta do Viño Rías Baixas reuniu o domingo 26 de novembro en Arbo a […]
10 de Novembro de 2017

Catas de viño e sendeirismo para celebrar o día europeo do enoturismo

Catas comentadas de viños e sendeirismo centran a oferta de Enoturismo Galicia, marca paraugas impulsada co apoio do Clúster de Turismo de Galicia e a Axencia […]
07 de Novembro de 2017

Juan Gil de Araujo, reelixido por unanimidade presidente da Ruta do Viño Rías Baixas

Ramón Huidobro incorpórase como vicepresidente da asociación en representación do Consello Regulador Juan Gil de Araujo, de Adegas do Palacio de Fefiñanes, foi reelixido presidente da […]
29 de Setembro de 2017

Convocada a II BTT Ruta do Viño Rías Baixas que espera acoller en Condado do Tea a 250 ciclistas

As inscricións para á proba, que se realizará o 22 de outubro, xa están abertas a través da web www.bttrutavinoriasbaixas.com A segunda edición da BTT Ruta […]