enoturismo

Tres asociados da Ruta do Viño Rías Baixas, integrada no Club de Produto das Rutas do Viño de España, foron galardoados nos Premios de Enoturismo Rutas do Viño de España 2018. Máis concretamente, trátase do Concello de Cambados e das adegas Marqués de Vizhoja e Paco & Lola. Cambados foi nomeado como o Mellor Municipio Enoturístico “polo nivel de conservación e protección do seu patrimonio histórico (un dos conxuntos históricos mellor conservados de Galicia), pola súa contorna de viñedos e adegas e o seu labor de potenciación da cultura do viño e a gastronomía, especialmente a través da Festa do Viño Albariño Rías Baixas, creada en 1953”, segundo destaca o xurado. Pola súa banda, Bodegas Marqués de Vizhoja recibiu o recoñecemento polo seu Compromiso coa Sociedade e o Medio Ambiente, pola “iniciativa de desenvolver xornadas de sensibilización para reflexionar e buscar sinerxías entre os profesionais agrícolas e forestais para a prevención dos incendios” mentres que a cooperativa Paco & Lola obtivo unha mención especial á Mellor Experiencia Enoturística pola súa proposta Son & Sal.

Desde a Ruta do Viño Rías Baixas felicitan “aos asociados premiados polo seu bo facer. O recoñecemento do seu labor en prol do enoturismo contribúe a situar o noso itinerario como un dos principais destinos do país”. Ademais, desde a asociación sen ánimo de lucro aproveitaron a ocasión para animar a outros establecementos adheridos “a presentar as súas propostas á próxima edición dos Premios de Enoturismo Rutas do Viño de España, xa que se supoñen un trampolín para incrementar a visibilidade do bo traballo que se está levando a cabo no noso territorio”.

Novo éxito da Ruta BTT
Doutra banda a Ruta do Viño Rías Baixas, tamén celebra o éxito da cita deportiva que congregou a 200 amantes do ciclismo que tiveron a oportunidade de descubrir a subzona do Rosal sobre as súas bicicletas a través da III BTT Ruta do Viño Rías Baixas que comezou e finalizou na praza do Concello do Rosal. Todos os participantes obtiveron dous agasallos: unha camiseta conmemorativa e unha botella de viño de Rías Baixas. Desde a asociación sen ánimo de lucro móstranse moi satisfeitos pola “excelente resposta que, un ano máis, rexistrou esta cita” pero, ademais, sorteouse un enopack composto por unha visita guiada a unha adega adherida á Ruta do Viño Rías Baixas no Rosal e un xantar ou cea nun restaurante asociado tamén localizado nesta mesma subzona.

24 de Outubro de 2018

Tres asociados da Ruta do Viño Rías Baixas, recoñecidos nos Premios de Enoturismo Rutas do Viño de España 2018

Tres asociados da Ruta do Viño Rías Baixas, integrada no Club de Produto das Rutas do Viño de España, foron galardoados nos Premios de Enoturismo Rutas […]
28 de Setembro de 2018

Increméntase o gasto medio do enoturista, que tamén aumenta as noites no destino elixido

Os datos extráense do informe sobre demanda do turismo do viño realizado por ACEVIN A Asociación Española de Cidades do Viño ( ACEVIN) fixo público o […]
25 de Setembro de 2018

A BTT Ruta do Viño Rías Baixas celebrarase no Rosal o domingo 21 de outubro

As inscricións xa están abertas a través da web www.bttrutavinoriasbaixas.com A BTT Ruta do Viño Rías Baixas celebrará a súa terceira edición no Rosal o domingo […]
18 de Setembro de 2018

As Rutas do Viño de Galicia convídannos a gozar do enoturismo en Galicia con alma, corazón e viño

Lanzan unha campaña conxunta baixo a súa marca paraugas Enoturismo Galicia co obxectivo de destacar o enoturismo experiencial que se poden gozar nas rutas “Aquí o […]