Coñecer mellor as circunstancias especiais que rodean o financiamento das empresas turísticas e os incentivos existentes á hora de solicitar axudas económicas, o próximo 21 de maio a Cidade da Cultura acollerá a Xornada “Financiamento para as empresas turísticas”, foro de debate organizado polo Clúster de Turismo de Galicia en colaboración co Banco Sabadell. A xornada terá lugar entre as 10:30 horas e as 14:00 horas, incluíndo unha pausa para café.
A xornada inclúe catro relatorios impartidos por expertos do sector financeiro que ofrecerán a súa experiencia para axudar ás empresas no acceso aos recursos financeiros, que non sempre son coñecidas, ademais de profundar nos instrumentos que se poden utilizar para financiar diversos activos e investimentos na empresa.
A inscrición é gratuíta (até completar aforamento) previa inscrición a través desta ligazón antes do antes das 19:00 horas do luns 20 de maio.