dinamizació

Durante tres sesións, 17 expertos e profesionais da mercadotecnia, a comercialización e o desenvolvemento turísticos han abordado os retos de dinamización de zonas rurais en Galicia

A necesidade de contar coa colaboración de operadores turísticos que coñezan o territorio e os seus recursos e que sexan capaces de desenvolver produtos turísicos que os poñan en valor ou promover accións de comercialización orientadas ao mercado de proximidade foron algunhas das conclusións coas que se pecharon as II Xornadas de Dinamización do Territorio organizadas polo Grupo de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta. Uns encontros que se desenvolveron ao longo de tres xornadas en Salvaterra de Miño, As Neves e Ponteareas nas que se deron cita dezasete expertos e profesionais de diversos puntos de Galicia, Asturias e Portugal.

Ao longo dos diferentes relatorios e mesas redondas abordouse o papel dos GDR como axentes dinamizadores do territorio e apuntouse a necesidade de potenciar o traballo destes Grupos de Desenvolvemento como axentes de desenvolvemento do territorio, con carácter transversal, e non como meros tramitadores de subvencións. Ao respecto destacouse a diferenza de financiamento entre os GDR galegos e os asturianos, que triplican os fondos cos que contan os nosos e teñen unha maior capacidade operativa.

Do mesmo xeito tamén se abordou a importancia de contar con operadores turísticos que coñezan ben o territorio e os seus recursos e que traballen na creación de produtos turísticos que os poñan en valor, orientando os esforzos aos mercados máis próximos, como o propio mercado galego, Norte de Portugal, Asturias, etc. antes de pensar en captar clientes estranxeiros, algo moito máis complexo e custoso, para o que é necesario estar moi preparados. E é que para os destinos turísticos en desenvolvemento é fundamental coñecer ao cliente obxectivo e identificar con claridade os valores que fan diferentes aos produtos turísticos. Como exemplo e caso de éxito, tratouse a experiencia da Ribeira Sacra e coñecéronse polo miúdo algúns dos seus produtos e campañas máis exitosas.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal; e o alcalde de Covelo e presidente do GDR Condado Paradanta, Juan Pablo Castelo participaron na xornada de clausura deste foro, que contou coa participación de máis dun centenar de profesionais, a gran maioría profesionais, emprendedores ou estudantes relacionados co turismo, o mundo do viño, a administración … tanto de O Condado Paradanta como do Baixo Miño, Ourense, Celanova, Bande, ou mesmo O Courel.

15 de Xullo de 2019

A captación do mercado de proximidade e a intervención de operadores turísticos que coñezan o territorio, conclusións das xornadas impulsadas polo GDR Condado Paradanta

Durante tres sesións, 17 expertos e profesionais da mercadotecnia, a comercialización e o desenvolvemento turísticos han abordado os retos de dinamización de zonas rurais en Galicia […]