Co obxectivo de implementar novas medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID19, a Xunta de Galicia aprobou unha nova medida que obriga aos viaxeiros que cheguen a Galicia, residentes ou non residentes no noso territorio, a comunicar os seus datos ao SERGAS se estiveron nos últimos 14 días naturais antes da súa chegada nalgún dos territorios recolleitos na relación de zonas con alta prevalencia do coronavirus. Unha relación, tamén recollida no mesmo DOGA ( https://www.xunta.gal/dog/publicados/2020/20200728/anuncioc3k1-270720-2_gl.html ) que se actualizará cada 15 días e que actualmente recolle cinco comunidades autónomas – Cataluña, Aragón, Navarra, País Vasco e A Rioxa- e 137 países, entre eles, Portugal. Todos estes viaxeiros deberán comunicar ao SERGAS nun prazo máximo de 24 horas os seus datos de contacto, independentemente de que teñan ou non sintomatología compatible coa enfermidade. Para tal fin, deberán cubrir o formulario dispoñible na dirección https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros ou ben fornecer os devanditos datos chamando ao teléfono 881 00 20 21.

O obxectivo é ter información útil para que, no caso de producirse un rebrote, póidase realizar un seguimento da orixe e realizar as medidas de control máis efectivas, xa que a maior parte dos brotes son de orixe externa.

Para que esta medida sexa efectiva, os establecementos turísticos de Galicia deberán informar as persoas usuarias deste deber e situar na recepción e en lugares visibles dos establecementos cartelaría informativa. Neste sentido, desde o Clúster Turismo de Galicia facilitamos uns modelos descargables en tres idiomas (castelán, portugués e inglés) desta cartelaría

29 de Xullo de 2020

Os viaxeiros que cheguen a Galicia desde territorios con maior prevalencia da COVID19 terán que comunicar os seus datos ao SERGAS

Co obxectivo de implementar novas medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID19, a Xunta de Galicia aprobou unha nova medida que […]
11 de Xuño de 2020

Fegatur lanza Galicia Turismo Rural Seguro, unha campaña de formación para os aloxamentos rurais no proceso de reapertura

A Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR) en colaboración con asociacións de turismo rural de diferentes geodestinos e a través de Turismo de Galicia puxo en […]
04 de Xuño de 2020

A OMT presenta as súas directrices globais para reabrir o turismo

O organismo das Nacións Unidas traballará en estreita colaboración con Google para promover a aprendizaxe dixital e a formación online Lograr que as viaxes sexan seguros […]
27 de Maio de 2020

A Cehat únese a Hostalaría de España na súa aposta por un selo propio para os aloxamentos baixo márcaa Aloxamento Seguro

A Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos e Hostalaría de España únense para garantir a seguridade sanitaria mediante un acordo que propiciará a creación do […]