A presenza de Costa da Morte non se fixo esperar este ano en Fitur, concentrándose na primeira xornada con tres presentacións agrupadas e a posta de longo oficial do Gran Fondo Ézaro, unha cicloturista que percorre a Costa da Morte e finaliza nos 1,8 quilómetros de Ézaro e que xa se asentou no calendario nacional e internacional e que se celebrará o próximo 7 de xullo co obxectivo de reunir a 1400 cicloturistas.
A primeira presentación correu a cargo de Costa da Morte Asociación Turística ( CMAT), dedicada ao patrimonio inmaterial da Costa da Morte coa presentación de paquetes turísticos especializados. Seguiulle a presentación da próxima edición da Feira do Encaixe de Camariñas, o Camiño a Fisterra e Muxía (a través da entidade Solpor e o seu presidente, Jesús Picallo), e Turismo Rural Muxía Natural que deron a coñecer as súas propostas sobre as lendas das Pedras da Barca.
A presenza de Costa da Morte non se fixo esperar este ano en Fitur, concentrándose na primeira xornada con tres presentacións agrupadas e a posta de […]
Os convenios supoñen un investimento de 1,3 millóns de euros que beneficiarán a 81 municipios das áreas de Costa da Morte, Terras de Pontevedra, Ribeira Sacra, […]
Tras a recuperación neste 2018 do proxecto do Parque do Megalitismo da Costa da Morte por parte da Deputación da Coruña, o proxecto vai cobrando forma, […]
Non faltou a Costa da Morte Asociación Turística(CMAT) á súa cita en Fitur, onde presentaron as experiencias CMAT de turismo activo e patrimonio cultural. O presidente […]