CENP Coruña

Sada acolleu a I Conferencia de Turismo Sustentable na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, orientada a coñecer os avances que en materia de turismo verde leváronse a cabo ata a data e cara a onde debía avanzar a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. O encontro, que se prolongou durante dous días, déronse cita todos os axentes implicados no desenvolvemento deste territorio, desde entes públicos a empresarios, ademais de expertos. Neste sentido, todos os axentes implicados no desenvolvemento do territorio declarado pola UNESCO como Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, consideraron unha peza crave a aposta por un turismo “verde” e de calidade.

Na primeira xornada participaron entes públicos locais e autonómicos nun acto no que estiveron presentes a Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o presidente do Consello de Dirección da Reserva de Biosfera, José Antonio Santiso Miramontes, o deputado de patrimonio e turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira , así como o concelleiro do Concello de Sada, Xosé Lois Suárez Becerra, ademais dunha representante nacional, Amanda Guzmán, xerente do Club de Ecoturismo en España que achegou exemplos de boas prácticas en materia de ecoturismo. Ademais, estivo moi presente a necesidade da cooperación urbano- rural, por exemplo, os bos pasos que se están dando na Reserva de Biosfera das Mariñas Coruñesas para comercializar os seus produtos agroalimentarios incluídos na súa Marca de Calidade nos mercados da cidade da Coruña, relacionándoo cun produto de calidade, socialmente responsable e ambientalmente sustentable. Ademais, púxose de manifesto a necesidade de aumentar a colaboración da Reserva de Biosfera co Concello da Coruña para mellorar o posicionamento e promoción conxunta deste territorio en diferentes vías como no desenvolvemento dun turismo familiar, ornitolóxico, científico…

Representantes da Escola Universitaria de Turismo da Coruña (CENP- UDC), pola súa banda, levaron a cabo na segunda xornada unha síntese da socioloxía no ámbito do turismo sustentable e puxéronse de manifesto casos de éxito e modelos de empresas que se están diferenciando neste campo, por exemplo, Orballo, Ideas Peregrinas, Uvepositivo, empresas que participaron para explicar o seu proceso de emprendimiento e o que están a facer en materia de turismo actualmente e o que preveen no futuro.

Entre as conclusións destacadas deste primeiro encontro, os organizadores destacan a necesidade de implicar a todos os axentes e actores sociais na decisión turística e no deseño de produtos sustentables, así como o esforzo de posta en valor os produtos locais, para aumentar os beneficios no territorio e dar a coñecer o patrimonio e a cultura tradicional, accións que redundarán no incremento na satisfacción do visitante e a visión positiva deste modelo de turismo para a poboación local, á que é preciso implicar no modelo turístico.

25 de Abril de 2018

A implicación de todos os axentes e a aposta polo turismo verde, claves para o futuro da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Sada acolleu a I Conferencia de Turismo Sustentable na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, orientada a coñecer os avances que en materia […]
14 de Decembro de 2016

En marcha un proxecto para xerar unha rede de establecementos e servizos ao redor de Galicia como destino familiar de calidade

Situar a Galicia como destino familiar. Este é o principal obxectivo do proxecto Galicia Destino Familiar, que deu a finais de 2016 os primeiros pasos coa […]
23 de Setembro de 2015

Los Palacios de Congresos de Galicia, presentes en la T4 del Aeropuerto Adolfo Suárez Madrid-Barajas

La Asociación de Palacios de Congresos de Galicia (APCG) protagonizan un campaña de promoción hasta el 27 de septiembre en la zona comercial de mayor tránsito […]
19 de Decembro de 2014

Tendencias, estudios de turismo y empleo en Galicia, la CENP acogió la jornada Orientación laboral y empleo en Turismo

La Escuela Universitaria de Turismo-Cenp de A Coruña celebró las Jornadas de Orientación Laboral y Empleo en Turismo, en las que se alternaron ponencias sobre elaboración […]