calidad turística

Co obxectivo de seguir darlle un impulso ao proxecto SICTED en Ferrol, as empresas que xa participan no devandito programa asistiron esta semana a unha sesión formativa que lles serviu de face á renovación do selo no outono. Do mesmo xeito en Pontevedra presentouse ás empresas un plan de asesoramento coa intención de converter á provincia nun referente como destino turístico a través da implementación deste sistema de certificación de calidade.

Ao tratarse dun programa en continua renovación, cada empresa debe continuar traballando nun plan de mellora continuada. Na actualidade Ferrol conta cun total de 30 empresas certificadas baixo este selo mentres que a provincia de Pontevedra conta cun total de 203 empresas con esta distinción promovida pola Secretaría de Estado de Turismo co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). A iniciativa traballa con empresas/servizos turísticos co obxectivo último de mellorar a experiencia e satisfacción do turista. Todas as empresas participantes teñen como prazo o mes de maio para finalizar os seus proxectos co obxecto de que poidan renovar o selo no outono.

Neste sentido o Concello de Ferrol, a través da Empresa Municipal de Turismo, decidiu dar un impulso ao proxecto SICTED de calidade turística para o Destino Ferrol, no que leva xa máis de cinco anos traballando. O concelleiro, Suso Basterrechea, animou a empresarios e hostaleiros a sumarse ao SICTED como signo de distinción da calidade que ofrecen, nesta nova fase do proxecto que se reactiva este mes de febreiro. No caso de Pontevedra, a Deputación fará un investimento de 100.000 euros no prazo de dous anos para o asesoramento ás empresas en todo o proceso de implantación e renovación do distintivo. A previsión, para este ano, é alcanzar as 250 distincións, posto que o obxectivo é aumentar nun 25% as entidades certificadas, tal e como sinalou o deputado de Turismo, Santos Héctor.

O distintivo, cada vez máis recoñecido e valorado polos turistas, ten unha vixencia de dous anos e vaise renovando. En Ferrol o proxecto non ten custo para as empresas participantes, xa que está subvencionado pola Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol, participada polo Concello. Na actualidade hai xa 204 destinos de España que forman parte do SICTED, 5456 empresas distinguidas e outras 3620 empresas adheridas ao proxecto, pero que aínda non lograron a distinción, segundo infórmase na web calidadendestino.es. En Galicia, ademais de Ferrol, traballan no SICTED Sanxenxo, Baiona, destino Pontevedra-Rías Baixas ( a través da Deputación) e Guitiriz.

23 de Febreiro de 2017

Ferrol retoma o proxecto para distinguir a calidade turística e Pontevedra implementa tamén plan de asesoramento para lograr máis SICTED

Co obxectivo de seguir darlle un impulso ao proxecto SICTED en Ferrol, as empresas que xa participan no devandito programa asistiron esta semana a unha sesión […]
19 de Agosto de 2016

Xunta e Clúster da auga asinan un acordo para crear a marca Augas de Galicia que impulsará o recoñecemento internacional deste produto

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, asinou un convenio co Clúster da auga Mineral e Termal por importe de […]
12 de Abril de 2016

Novas distincións SICTED para Sanxenxo, que tamén fixo entrega dos seus propios premios de Calidade Turística

Un total de 43 empresas de Sanxenxo recibiron o seu distintivo SICTED, 17 delas por vez primeira, o que acredita a este concello pontevedrés como o […]
25 de Setembro de 2015

Los socios del Clúster se beneficiarán de una reducción del 60% en la tarifa de inscripción para el Congreso Internacional de Calidad Turística

Los asociados del Clúster podrán beneficiarse de una tarifa especial para asistir al III Congreso Internacional de Calidad Turística. Elige calidad. Evita Riesgos”, que se celebra […]