calidad turística

O Diario Oficial de Galicia recoje a resolución do 13 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para establecementos de turismo rural, hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos complementarios que queiran acometer os procesos de certificación, seguimento e renovación da marca Q de Calidade Turística.

A Q de Calidade, emitida polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), réxense polas correspondentes normas UNE e a resolución establece unha serie de conceptos que poden ser obxecto de subvención neste proceso de renovación ou consecución da marca de calidade turística.

Entre eles atópanse: os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema (excluídos os gastos de implantación) e os dereitos de uso da marca Q durante 2018.

Para obter estas axudas será requisito indispensable estar inscrito no REAT e ser Peme. O prazo de presentación das solicitudes está aberto ata o próximo 31 de agosto. Para máis información pode descargarse a resolución do DOGA, consultar a web de Turismo de Galicia, nos teléfonos 981 54 63 63 e 981 54 63 64 ou a través do correo electrónico fomento.turismo@xunta.gal.

03 de Agosto de 2018

Aberto prazo para solicitar axudas para a implantación da Q de Calidade Turística

O Diario Oficial de Galicia recoje a resolución do 13 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime […]
23 de Marzo de 2018

42 establecementos de aloxamento e restauración con selo Galicia Calidade

Nas portas de arranque de Semana Santa, período no que se producirán miles de desprazamentos e no que o turismo arrinca definitivamente a tempada 2018, Galicia […]
26 de Xaneiro de 2018

Deza-Tabeirós, novo destino de calidade turística Sicted en Galicia

A plataforma, que abarca oito municipios, arrinca con 48 empresas recoñecidas, moitas delas de Silleda A Asociación de Desenvolvemento Rural Terra de Pontevedra Norte -GDR acaba […]
11 de Novembro de 2017

Formación para os axentes SICTED en Vigo

Ademais do proceso de certificación e impulso da calidade nas empresas turísticas, o Sistema de Calidade Turística Española en Destinos , SCTE Destinos, impulsa formación co […]