ayudas covid

O sector turístico poderá optar nas próximas semanas a novas subvencións por importe de case 16 millóns de euros

 

A elaboración de novos produtos sustentables para reforzar a imaxe de Galicia como destino turístico seguro é o obxectivo do convenio entre a Xunta e o Clúster Turismo de Galicia aprobado polo Goberno galego na súa última reunión. O acordo, dotado cunha achega autonómica de 700.000 euros, permitirá deseñar produtos turísticos enfocados ás novas demandas dos consumidores, que teñan en conta a sustentabilidade ambiental e enerxética, e que incorporen elementos de consumo de proximidade.

 

Estes novos produtos darán apoio ao sector receptivo e ás axencias de viaxes a través de paquetes especializados e atenderán tamén a cuestións relacionadas coa dixitalización e a mellora do proceso de comercialización, tanto en canto á canle como no relativo ao cliente final. Para iso contactarase con empresas do sector turístico representativas de distintos ámbitos así como con diferentes sectores sociais a través de accións online e offline. Tamén está prevista a creación dun club de produto sostible, a elaboración de materiais promocionais para as axencias e o cliente final, e a realización de accións de mercadotecnia para dar a coñecer os novos produtos deseñados.

 

O convenio entre a Xunta e o Clúster estará vixente ata decembro do próximo ano cun investimento de 200.000 euros para o presente exercicio e de 500.000 para o 2022.

 

Ademais, a Xunta ten previsto convocar ao longo deste mes distintas liñas de apoio ao sector turístico por un importe total de case 16 millóns de euros que beneficiarán tanto a axencias de viaxes como a establecementos hostaleiros e municipios de menos de 10.000 habitantes. Ás axencias de viaxes está dirixida unha convocatoria de axudas de ata 350.000 euros para o mantemento dos establecementos, mentres que os negocios hostaleiros poderán repartirse ata 6 millóns de euros en subvencións para equipamentos  postcovid (domótica, automatización, rotulación, sistemas de desinfección…) e outra cantidade similar para a dixitalización e mercadotecnia dixital (aplicacións informáticas, captación de clientes, desenvolvemento web…).

10 de Setembro de 2021

A Xunta e o Clúster colaborarán para promocionar Galicia como destino seguro a través de novos produtos sustentables

O sector turístico poderá optar nas próximas semanas a novas subvencións por importe de case 16 millóns de euros   A elaboración de novos produtos sustentables […]
25 de Febreiro de 2021

O DOG publicou en febreiro compensacións ao turismo e ás actividades afectadas pola crise do COVID 19 por un importe de preto de 90 millóns de euros

As axudas están dirixidas principalmente a autónomos, pequenas empresas, axencias de viaxes e turismo para congresos e eventos   O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou […]
15 de Febreiro de 2021

Os guías turísticos recibirán axudas para crear novos produtos naos camiños de Santiago

A Xunta asinará un convenio coa Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia para destinar 170.000 euros a este fin así como a profesionalización e […]