asociacionismo

A Asociación Galega de Axencias de Viaxes (AGAVI), acaba de incorporarse como novo membro de pleno dereito á Confederación Española de Axencias de Viaxes (CEAV). Así se aprobou no último Consello Directivo de CEAV que aceptou, por unanimidade, a solicitude de AGAVI para ingresar na Confederación.

CEAV suma ao seu proxecto de integración ao colectivo de axencias máis importante de Galicia, cuxas axencias asociadas están xa consolidadas e teñen un longo percorrido e experiencia, tendo unha especial relevancia como panca e motor da actividade comercial do turismo neste territorio.

Para o seu presidente, Juan A. Rivadulla, “esta incorporación a CEAV permitirá ás axencias asociadas a AGAVI ampliar a súa representatividade e visibilidade, canalizando e unificando a voz de todas elas e nun portavoz e interlocutor válido. Ademais, situará a Galicia como destino turístico con gran peso na asociación”.

En opinión do presidente de CEAV, Carlos Garrido, “Un dos meus obxectivos ao iniciar o meu mandato era ampliar a representatividade de CEAV e a entrada de AGAVI como novo membro de pleno dereito da Confederación supón unha lombeirada ao labor que vén realizando CEAV como patronal do sector. Con AGAVI xa somos 23 asociacións territoriais e de segmento, o que incrementa a unidade do sector e reforza a nosa vertente receptiva, sumando máis de 5.000 Axencias de Viaxes Asociadas”.

Segundo explican desde a Confederación, a adhesión de AGAVI ao proxecto CEAV incrementa a unidade do Sector, e consolida, aínda máis, a gran representatividade que CEAV ten e vén incrementando durante os últimos anos.

28 de Setembro de 2020

A Asociación Galega de Axencias de Viaxes intégrase na CEAV

A Asociación Galega de Axencias de Viaxes (AGAVI), acaba de incorporarse como novo membro de pleno dereito á Confederación Española de Axencias de Viaxes (CEAV). Así […]
23 de Maio de 2018

Oito espectáculos de música únense para constituír a Asociación dos Festivais de Galicia

Co obxectivo de contribuír a profesionalizar o sector, aumentando unha oferta de calidade sustentable coa contorna constituíuse a Asociación de Festivais de Galicia. Oito espectáculos asócianse […]
27 de Novembro de 2015

Aplicaciones móviles pensadas para asociaciones, agrupaciones de empresas y SmartCity

En el marco de la jornada de SmartPymes, Pyme móvil y conectada, celebrada en el Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia bajo el impulso de AMTEGA, […]
05 de Novembro de 2014

El Clúster Turismo de Galicia firma nuevos convenios para impulsar un sector fuerte y competitivo

El CTG ha firmado tres acuerdos con Turismo de Galicia para fomentar el asociacionismo y la implicación del sector en labores de promoción e implantación del […]