Turismo de Galicia acaba de obter autorización para a firma de seis convenios de colaboración de carácter plurianual co seis entidades supramunicipais que se traducirán nun investimento total de 1,3 millóns de euros para a creación e consolidación de novos produtos turísticos. Os destinatarios destes acordos son o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, que asina un convenio por un importe de 250 mil euros, a Mancomunidade Terras de Pontevedra, cuxo convenio ascende a 209.830 euros, Arousa Norte, por un importe de 200.000 euros; a Mancomunidade de Concellos de Ferrol, que ascende a 150 mil euros; a Mancomunidade do Salnés, cun importe de 300 mil euros e a Asociación CMAT (Costa da Morte Asociación de Turismo) por un importe de 150.000 euros.
A través da sinatura destes convenios, que beneficiarán a 81 municipios galegos, levarán a cabo acciones de promoción e internacionalización, crearanse e consolidaranse novos produtos e mellorarase a accesibilidade e a implantación e o desenvolvemento das novas tecnoloxías no turismo desenvolvo das novas tecnoloxías no turismo. Así mesmo, contribuirá a mellorar a accesibilidade de diversos xeodestinos e a implantación e o desenvolvemento das novas tecnoloxías no campo turístico.
Coa firma deste seis acordos, que estarán vixentes ao longo dos dous próximos anos, Turismo de Galicia aposta por consolidar a comunidade como un destino diversificado que ofrece atractivos turísticos repartidos por toda a xeografía galega, pondo en valor os mellores recursos propios de cada zona, o que contribúe á especialización da oferta e á desestacionalización na chegada de visitantes, avanzando en accións guiadas baixo as premisas da sustentabilidad e a calidade de todos os produtos e servizos ofrecidos.