Apit Galicia

A Xunta asinará un convenio coa Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia para destinar 170.000 euros a este fin así como a profesionalización e adaptación

 

A creación de novos produtos turísticos nos camiños de Santiago e a profesionalización e adaptación do sector aos novos retos serán os obxectivos do convenio de colaboración que a Xunta de Galicia asinará coa Asociación Profesional de Guías Turísticos (Apit Galicia). En base a este acordo, a Xunta destinará 170.000 euros a axudas para este fin.

O acordo complementa o Plan director Galicia Destino Seguro, que definirá o novo modelo turístico galego baseado na calidade, a sostibilidade e a seguridade. A administración autonómica destinará 37,5 millóns de euros ao plan de choque para reactivar o turismo, que inclúe axudas a axencias de viaxes e operadores turísticos, así como ferramentas de promoción e fidelización, como o bono turístico. Tamén inclúe axudas para a implantación do “seguro de coronavirus”, que cubriría os gastos de turistas ou peregrinos no caso dun posible contaxio por Covid.

15 de Febreiro de 2021

Os guías turísticos recibirán axudas para crear novos produtos naos camiños de Santiago

A Xunta asinará un convenio coa Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia para destinar 170.000 euros a este fin así como a profesionalización e […]
01 de Xullo de 2020

Volven as visitas guiadas cos guías oficiais de Galicia

A asociación que agrupa a este colectivo en Galicia, APIT Galicia, asinou un convenio de colaboración con Fegatur para obsequiar aos turistas rurais con tours gratuítos […]
01 de Maio de 2020

APIT-GALICIA lanza a campaña #MorriñadeTi

A asociación profesional de guías de turismo mantén encontros coas diferentes administracións para traballar na recuperación do sector turístico A Asociación Profesional de Guías Turísticos APIT […]
21 de Febreiro de 2020

Apit Galicia celebra con visitas guiadas gratuítas o Día Internacional do Guía de Turismo

Con motivo da celebración do Día internacional do Guía de Turismo, a Asociación Profesional de Guías de Galicia ofrecerá ao longo de toda a xornada do venres, […]