Con motivo da celebración do Global Exhibitions Day (GED), o Día Internacional das Feiras, a Asociación Galega de Feiras/Eventos (AGAFE) destacou o peso que a actividade feiral ten no noso territorio e o seu impacto económico e social. Neste sentido, AGAFE destacou que os seus asociados ao longo de 2017 celebraron máis de 85 feiras e 500 eventos, contribuíndo con estes a dinamizar distintos sectores produtivos. Estes certames reuniron a 5.500 expositores, ocuparon preto de 600.000 m2 e convocaron a 2.255.000 visitantes, cifras que dan unha idea da puxanza deste sector que en España supón a celebración de máis de 600 feiras.

A celebración do Día Internacional das Feiras organízase desde 2016 a iniciativa da a UFI, a asociación global da industria feiral, á que actualmente pertencen 771 membros de 87 países e unhas 50 asociacións nacionais e rexionais entre as que se atopa AGAFE. Coa devandita celebración preténdese dar a coñecer a actividade feiral e evidenciar o seu impacto económico e social, a súa importancia e as vantaxes das feiras comerciais. En todo o mundo celébranse anualmente 31.000 feiras, o gasto de expositores e visitantes é de 98.000 millóns de euros e a actividade xera 2,48 millóns de empregos directos e indirectos. Ademais, as feiras comerciais continúan sendo unha incuestionable ferramenta de mercadotecnia e o seu desenvolvemento ten unha importante repercusión económica e social, tanto local como globalmente.

Este ano a celebración centrouse en destacar a importancia das feiras como gran industria global, que constitúen unha maneira efectiva e sustentable de facer negocio e que ofrece unha ampla variedade de oportunidades laborais.

06 de Xuño de 2018

O sector feiral en Galicia destaca o seu impacto económico e social con motivo da celabración do seu Día Internacional

Con motivo da celebración do Global Exhibitions Day (GED), o Día Internacional das Feiras, a Asociación Galega de Feiras/Eventos (AGAFE) destacou o peso que a actividade […]
03 de Xaneiro de 2018

AGAFE celebra en Expourense a súa asemblea anual facendo balance das 85 feiras e 500 eventos realizados en 2017

“Mundo ferial” entrega a Alejandro Rubín un recoñecemento como o destacado directivo do sector no 2017 en honra á súa traxectoria de internacionalización A Asociación Galega […]