A falta de coñecer os datos de establecementos extrahoteleros para pechar o 2019, a nosa Comunidade foi onde máis creceu o turismo no ano 2019, un 6%

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, adiantou hoxe, na rolda de prensa do Consello, os datos turísticos rexistrados na nosa Comunidade o pasado ano. Son os mellores da nosa historia, dixo, con “marca de pernoctaciones”, preto de 11 millóns e case 5,1 millóns de turistas.

Galicia é tamén a Comunidade onde máis creceu o turismo en 2019. En concreto, un 6%, moi por encima do 1% de crecemento estatal. Ao fío disto, Feijóo subliñou que estes datos acreditan que Galicia é cada vez máis competitiva grazas á aposta decida pola calidade e a estreita colaboración establecida co sector.

Neste sentido, Feijóo felicitou por estes resultados ao sector turístico que veñen demostrar que se está mellorando a competitividade do sector. De feito Galicia aumentou sete puntos a súa rendibilidade, moi por encima da media nacional, situada en torno ao 3.2%.

Por último, o presidente da Xunta remarcou o obxectivo de chegar cos mellores datos e a mellor imaxe posible de Galicia ao Xacobeo 2021, coa confianza de que será o mellor Xacobeo da nosa historia na mellor Galicia da nosa historia.

24 de Xaneiro de 2020

Galicia rexistra no 2019 os mellores datos turísticos da súa historia con case 11 millóns de pernoctaciones e preto de 5,1 millóns de turistas

A falta de coñecer os datos de establecementos extrahoteleros para pechar o 2019, a nosa Comunidade foi onde máis creceu o turismo no ano 2019, un […]
24 de Decembro de 2019

Galicia superará este ano por segunda vez na súa historia os cinco millóns de turistas

Á espera de contabilizar os últimos rexistros de novembro e decembro, a nosa Comunidade recibiu xa máis de 4,8 millóns de turistas e 10,4 millóns de […]
25 de Outubro de 2018

Os orzamentos que propón a Xunta para 2019 inclúen un incremento de 4,3 millóns na partida destinada a Turismo

A nova Consellería de Cultura e Turismo inclúe na súa proposta de orzamentos para o próximo ano, un incremento na partida de turismo, convertido hoxe en […]