O III Encontro Clúster Turismo de Galicia, que se celebrará o próximo 27 de abril en Ourense, contará coa participación de expertos de máximo nivel e destacados profesionais de empresas internacionais como Amadeus, Airbnb, Unipublic, IBM, Pangea, Globaldit ou Nextel, así como de entidades como o Basque Culinary Center ou a NBA.
Aos poucos imos coñecendo máis detalles do programa da xornada, que se desenvolverá en horario de mañá e tarde nas instalacións do Centro Cultural Marcos Valcárcel. Destacados relatores como Fernando Puelles, responsable do departamento Business Travel de Amadeus España, empresa internacional de intermediación no sector viaxes e líder en solucións tecnolóxicas e comercialización de servizos turísticos (motores de reservas) ou do exjugador e directivo de baloncesto e actualmente Vicepresidente da NBA en Europa, Africa e Oriente Medio, Jesús (Chus) Bueno, serán os encargados de ofrecer senllas conferencias.
Ademais, a xornada incluirá mesas redondas que virarán ao redor da enogastronomía, o termalismo ou os eventos culturais e deportivos como eventos que xeran novas oportunidades para o sector turístico galego, sen esquecer o peso das novas tecnoloxías ou a irrupción do turismo colaborativo como tendencias de futuro e retos aos que o sector debe enfrontarse para ser competitivo.
A participación na xornada impulsada polo Clúster Turismo de Galicia e a Deputación de Ourense é gratuíta previa inscrición ata completar aforamento e o prazo para inscribirse está aberto. Tanto a información como as incripciones poden facerse a través deste enlace ou no correo electrónico info@clusterturismogalicia.com.