O turismo sustentable, o enoturismo e as experiencias internacionais doutros países como camiño cara á internacionalización da oferta turística portuguesa foron os temas centrais ao redor dos que viraron as Xornadas Internacionais de Turismo que o municipio portugués de Águeda acolleu a semana pasada no seu Centro de Artes. Nelas tamén tivo a súa presenza o sector turístico galego coa participación do secretario do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, que tomou nunha mesa redonda xunto a outros casos de éxito de internacionalización da oferta turística como o de Cabo Verde a través de Carla Carvalhal, edila de Turismo da Cámara Municipal do Sal (Cabo Verde), e Ana Barber, presidenta do Cabo Verde TradeInvest.
Pola súa banda Cesáreo Pardal partició nas xornadas cun relatorio ao redor da internacionalización da oferta turística a través da cooperación público-privada, que serviu para dar a coñecer o traballo iniciado polo Clúster Turismo de Galicia para dar a coñecer a oferta turística galega baixo márcaa paraugas Destino Galicia, establecendo unha fluída cooperación coa administración pública e promovendo a partipación do sector privado nas feiras internacionais máis importantes para o sector como a ITB de Berlin ou a WTM de Londres. As xornadas tamén abordaron outras temáticas como a cooperación entre Brasil e Portugal ou os blogues de viaxes