O Hotel Os Abetos de Santiago de Compostela acolleu unha xornada na que se deron cita as diferentes axentes implicados na comercialización do golf en Galicia. O acto, impulsado pola Asociación Galicia Destino Golf, contou coa presenza de representantes do sector, do Clúster Tursimo de Galicia e da Axencia de Turismo de Galicia como Carmen Pita, que destacou a aposta da administración por este sector á vez que facían unha chamada a todos os implicados para utilizar o potencial dos nosos campos de golf co fin de atraer novos turistas ao noso territorio e animando á os empresarios turísticos a chegar a acordos cos campos e crear novos produtos atractivos que poidan competir con outros destinos de golf.
Enrique Perez Etchevarria, técnico de Turgalicia, realizou un diagnostico da situación actual do turismo de golf en Galicia, do que cabe destacar que temos campos suficientes para ofrecer un produto de calidade, mellorouse na súa promoción e non dubida que mellorando a coordinación entre o sector golf e hostaleiro pode darse un gran impulso á comercialización. Neste sentido, o secretario do Clúster, Cesáreo Pardal, comprometeuse a convocar a todos os implicados para abordar os produtos vinculados co golf que se comercializarán en 2017.
Durante a xornada presentouse tamén o amplo estudo realizado por Golf Bussines Partners, a presentación e análise do estudo a cargo de Francisco Aymerich, evidenciou unha vez máis, pola desagregación do gasto exposto no informe, que o turista de golf onde fai maior gasto é fose do campo de golf, levando a porcentaxe maior o aloxamento e a restauración. Finalmente, Alfonso Agulló, director LeClub Golf presentou o seu modelo de negocio baseado na fidelización de golfistas e traballará conxuntamente cos campos de golf galegos na comercialización dirixida fundamentalmente ao turista de golf francés.