Fegatur lanza Galicia Turismo Rural Seguro, unha campaña de formación para os aloxamentos rurais no proceso de reapertura
A Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR) en colaboración con asociacións de turismo rural de diferentes geodestinos e a través de Turismo de Galicia puxo en marcha esta semana a campaña de formación Galicia Turismo Rural Seguro, cos obxectivos de promover a formación do persoal dos establecementos de turismo rural de face á reapertura post coronavirus.
A campaña componse de seis seminarios formativos en liña que se desrrollarán durante o mes de xuño dirixidos a xerencia, persoal e servizos externos dos diferentes aloxamentos de turismo rural galegos. A finalidade das accións formativas é capacitar ao persoal dos establecementos nas medidas hixiénico-sanitarias que permitan reducir contáxioo pola Covid-19 e garantir aos clientes unha reapertura na que se ofrezan condicións seguras de acollida, recepción e estadía.
Os destinatarios das accións formativas son os establecementos de Turismo Rural de Galicia inscritos no rexistro de actividades turísticas de Galicia (REAT). Hai diponibles 1000 prazas gratuítas e o calendario das formacións será o seguinte:
– Webinar 1: xoves 11 de xuño, entre 11 e 12:30
– Webinar 2: venres 12 de xuño, entre 16 e 17:30
– Webinar 3: xoves 18 de xuño, entre 11 e 12:30
– Webinar 4: venres 19 de xuño, entre 16 e 17:30
– Webinar 5: xoves 25 de xuño, entre 11 e 12:30
– Webinar 6: venres 26 de xuño, entre 16 e 17:30
A campaña é posible en virtude do convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia dentro da estratexia Galicia Destino Seguro. A inscrición pódese facer vía mail a info@galiciaturismorural.es ou un whatsapp ao 631179252, nese caso recibirase unha chamada para completar os datos telefonicamente.
Ademais da formación básica dirixida a todo o persoal relacionado co turismo rural (xerentes, persoal de limpeza, persoal de cociña, persoal auxiliar), na medida de capacitalo no relativo as medidas hixiénico-sanitarias que permitan reducir contáxioo pola COVID-19 e garantir aos clientes unha reapertura na que se ofrezan condicións seguras de acollida, recepción e estadía, a campaña tamén inclúe un segundo nivel de formación orientada a xerencia para a implantación do Plan de limpeza e hixiene revisado e as medidas de seguridade no traballo. Tamén se abordarán as necesidades de comercialización ante a reactivación da actividade dos establecementos.
Esta formación terá unha parte online a celebrar o 23 ou o 30 de xuño, de 11 a 12:30, e irá acompañada do servizo de consulta personalizada para a implantación. A inscrición abrirase despois de que o establecemento participe na formación básica por invitación ao correo de xerencia que se proporcione.