Empresarios galegos participan desde hoxe na WTM de Londres, cita imprescindible para o sector turístico

ACTIVIDADES

Empresarios galegos participan desde hoxe na WTM de Londres, cita imprescindible para o sector turístico

Da man do Clúster Turismo de Galicia e a Axencia de Turismo, a misión comercial permitirá manter encontros comerciais no marco desta feira internacional, onde Galicia mantén un espazo de promoción

Unha vintena de profesionais do sector turístico galego participan desde hoxe na World Travel Market de Londres, que se celebra até o vindeiro mércores na capital británica dentro da misión comercial promovida polo Clúster Turismo de Galicia da man de Turismo de Galicia. Aloxamentos, turoperación , oferta de turismo termal (talaso e balnearios), náutico ou MICE compoñen a misión comercial deste ano a esta feira, onde a oferta galega dáse a coñecer dentro do espazo co que conta Galicia na caseta de Turespaña, como vén sendo habitual.

A WTM é unha das citas máis importantes para o sector turístico a nivel internacional, que ao longo destas xornadas mantedrá unha axenda de contactos con turoperadores británicos co obxectivo de seguir traballando na internacionalización do sector turístico galego no marco dunha edición, o número 40, marcada polo Brexit e a recente caída de Thomas Cook.

Ademais de manter encontros profesionais no espazo galego habilitado na caseta de Turespaña, os profesionais do sector mantiveron encontros rápidos en speed networking e responsables do Clúster Turismo de Galicia mantiveron un encontro con autoridades da España Verde e coa OET de Londres. ?O obxectivo de continuar desenvolvendo estas misións comerciais é contribuír a xerar sinerxías entre os propios profesionais e fomentar unha primeira toma de contacto para aqueles que queren comezar a traballar con Galicia buscando destinos auténticos que poidan ofrecer experiencias diferentes e de calidade vinculadas á España Verde?, explicou o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal.

O mercado británico é o sexto mercado internacional para Galicia e representa o 1% do total de viaxeiros estranxeiros que elixiron #Galicia como destino turístico.