O Plan Estratéxico de Turismo das Rías Baixas aspira a converter á provincia “nun destino sustentable, excelente e innovador”

O Plan Estratéxico de Turismo das Rías Baixas aspira a converter á provincia “nun destino sustentable, excelente e innovador”

Cun orzamento de 12 millóns de euros para o próximos tres exercicios, a folla de ruta do turismo para a provincia prevé impulsar 40 accións diferenciadas para converter ao turismo “no motor de desenvolvemento social, económico, cultural e ambiental da provincia”

A Deputación de Pontevedra presentou os principais obxectivos e liñas de actuación que conforman o Plan Estratéxico de Turismo “Turismo 2020 Pontevedra”, unha folla de ruta na que se detallan o cinco liñas estratéxicas sobre as que se desenvolverán 11 plans de actuación específicos con 40 accións diferenciadas que se porán en marcha nos próximos tres anos.
Cun orzamento de 12 millóns de euros estamos fronte ao “documento marco que guiará a política turística a partir do 1 de xaneiro de 2018, baixo criterios de rigor, planificación e obxectivos medibles coa finalidade de converter á provincia nun destino de excelencia e sustentable”, en palabras da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Para elaboralo, o plan parte da análise da realidade turística da provincia de Pontevedra, a través de enquisas e mesas sectoriais, e recolle as accións necesarias para dar respostas aos retos marcados co obxectivo de que o turismo sexa motor de desenvolvemento social, económico, cultural e ambiental da provincia”. Para alcanzalo o plan establece cinco eixos centrais de actuación: a gobernación, a estruturación da oferta, a excelencia no destino, a promoción efectiva e a comercialización, que definirán a estratexia de Turismo Rías Baixas no próximos tres anos. Deste xeito, e a través deste cinco eixos de actuación, preténdense “converter aos recursos, produtos e talento da provincia no tres alicerces sobre os que actuar e construír un modelo de turismo sustentable, excelente e innovador”, tal e como indicou a presidenta provincial.
Este cinco liñas estratéxicas materializaranse en accións como a posta en marcha de “Mesa provincial de Turismo” que terá unha función propositiva e tamén de observación e seguimento da execución do plan; posta en marcha de esforzos de comunicación e promoción, nacional e internacional, especialmente do interior. Neste sentido, Silva informou que “imos dar un salto cualitativo na comunicación en liña e crear produtos e experiencias turísticas diferenciadoras apreciadas por visitantes e turistas, unha oferta turística adaptada ás demandas do século XXI, con novas experiencias que fomenten a desestacionalización e a complementariedade”.

A presidenta da Deputación de Pontevedra destacou que para alcanzar todos os retos que formula o plan é necesario “compartir o liderado, traballar xuntas e xuntos, todas as administracións e o sector, polo que vos pido un esforzo máis xa que o seu cumprimento require do traballo coordinado e conxunto de todos e todas e o seu éxito será o de toda a provincia”.