Vila Nova de Gaia acollerá mañá, 20 de novembro, a celebración do III Workshop de Destino Proximidade do Clúster Turismo de Galicia no que se espera que se darán cita máis dun centenar de profesionais do sector turístico galego e portugués. Trátase da terceira ocasión neste ano en que se pon en marcha esta iniciativa de comercialización a través da que se facilita encontros B2B para achegar o Destino Galicia ao sector turístico de Porto e a súa área de influencia. O workshop celebrarase na tarde de mañá, 20 de novembro, cando os responsables das diferentes empresas galegas desprácense até Porto para manter os encontros individuais coa turoperación da cidade.
Desde o Clúster Turismo de Galicia o seu presidente, Cesáreo Pardal, destacou a excelente acollida deste novo workshop, co que se completa por este ano a presenza da oferta turísica galega en destinos próximos a Galicia, para os que o noso territorio pode ser unha opción ideal para gozar dunha ponte ou un fin de semana, xa que se atopan a menos de tres horas de distancia. “As prazas para este workshop cubríronse en moi poucos días”, explicou Pardal, que destacou que é a primeira ocasión na que o Cluster realiza esta iniciativa con este formato no país veciño.
Anteriormente o Clúster Turismo de Galicia levara a cabo acciones similares en Salamanca, Oviedo e Valladolid, tamén con moi boa acollida e unha noite no Porto, fai tres anos, co obxectivo de estreitar relacións co sector turístico portugués, pero sen trasladar o formato workshop.
Estreitar lazos e dar a coñecer a oferta turística galega
Neste sendido, Cesáreo Pardal destacou a importancia de achegar a diversidade da oferta turística galega ao territorio portgués, que segue sendo o primeiro mercado internacional para Galicia. Cabe destacar, ademais, que no último ano incrementouse notablemente o número de portugueses que elixen Galicia como destino turístico non só para un día, se non que quedan a pasar a noite, xa que entre xaneiro e agosto os establecementos hostaleiros de Galicia aloxaron a uns 145.000 viaxeiros lusos que realizaron máis de 247.000 pernoctaciones.
Con este workshop na cidade portuguesa de moda, o Clúster Turismo de Galicia pon fin aos seus workshops de destinos de proximidade por este ano, dentro dunha iniciativa que ten como obxectivo achegar a oferta turística galega a destinos que reúnen as condicións perfectas para ser emisores de turismo nacional cara ao territorio galego.