Hoxe e mañá, 22 e 23 de maio respectivamente, o Clúster Turismo de Galicia celebrará workshops co obxectivo de promocionar Galicia en dúas das cidades con maior potencial para o turismo galego: Sevilla e Lisboa, ambas programadas para as 20:00 da tarde.
Durante estas xornadas, daranse cita 23 empresas galegas, acompañadas pola iniciativa do Clúster Turismo de Galicia en colaboración coa Xunta “Galicia Destino Sostible” e de Turismo de Galicia, nun encontro onde os empresarios interactuarán con operadores locais.
Ademais, farase unha presentación de Galicia como destino que incluirá a proxección dun vídeo promocional, unha breve intervención institucional e un cóctel degustación. Tamén se fará un sorteo ao final da velada entre as empresas participantes, co fin de premiar aquelas que máis contactos realicen.
Participan: Alda Hotels, Aromatur Galicia Turismo, Balneario de Mondariz, Bodegas Terras Gauda, CN Travel, Eurostars Hotel Company, Expourense – Fundación Feiras e Exposicións de Ourense, Grupo Gesca Hoteles, Hotel Alfonso I, Hotel Carlos I Silgar, Hotel Castro, Hotel Louxo La Toja, Hotel Talaso Atlántico, Hotel Villa Covelo, Iberik Hoteis, NH Hoteles, Pazo Los Escudos Hotel & Spa Resort, Rutas Meigas, Sailway, Tee Travel, Viajes Interrías, Viandotrecks y Zenit Hoteles.