Descobre os restaurantes de Galicia Calidade Lecer que están na Guía Repsol

Descobre os restaurantes de Galicia Calidade Lecer que están na Guía Repsol

Sempre é un bo momento para gozar da gastronomía en Galicia pero cada vez máis as datas sinaladas, incluso as de Nadal, pásanse fóra de casa, ben polo gran número de comensais que se reune ou simplemente pola comodidade que dá gozar dunha velada a mesa posta. Se estás a pensar onde celebrar a túa comida ou cea de empresa, en familia ou con amigos, Galicia Calidade Lecer aglutina un gran número deles co selo de calidade contrastada que ofrece a pertenza ao recoñecido selo Galicia Calidade que podes consultar aquí na web de Galicia Calidade Lecer, o selo de Galicia Calidade para o sector turístico galego, no que se engloban desde aloxamientos a restaurantes e diferentes servizos turísticos.

Pero se ademais estás a buscar un restaurante para gozar da máis alta gastronomía, tamén poderás orientarche por aqueles restaurantes galegos que gozan do recoñecemento na afamada Guía Repsol, entre os que se se contan o Restaurante España, en Lugo, recoñecido pola súa cociña actual con múltiples opcións de carta, que inclúe carne de boi criado nas leiras de Recelle; o restaurante A Taberna, situado no centro histórico de Ourense, destaca pola calidade dos seus produtos, tanto pescados como carnes e por suposto, polos seus arroces e a Taberna de Rotilio, en Sanxenxo, establecemento emblemático que mestura a cociña de autor coa calidade dos seus produtos, moitos deles procedentes do mar.