Turismo Sostenible

  • Xosé Merelles destacou no Parlamento o crecemento equilibrado de viaxeiros na comunidade

 

O turismo en Galicia avanza cara a un modelo máis sostible, equilibrado e menos dependente da tempada alta. Así o afirmou o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, durante a súa intervención no Parlamento de Galicia a semana pasada, onde fixo balance dos indicadores turísticos do primeiro semestre de 2025.

 

Merelles destacou que, no que vai de ano, Galicia experimentou un crecemento constante de viaxeiros en meses tradicionalmente máis baixos como xaneiro (+4%), febreiro (+3%) e maio (+4%), así como un forte repunte en abril (+20%) motivado pola Semana Santa. Datos que confirman a desestacionalización do destino, un dos principais obxectivos da Estratexia de Turismo de Galicia 2030.

 

  • A demanda diminúe na tempada estival

 

O peso da demanda no verán baixou tres puntos na última década, situándose en 2024 nun 29% de viaxeiros e un 35% de pernoitas durante os meses estivais.

 

Todo isto, apoiado por iniciativas como o bono turístico #DescubreGaliciaenOutono, os Trens Turísticos de Galicia, o Outono Gastronómico ou a Primavera de Puertas Abertas, todas elas enfocadas a distribuír a demanda turística polo territorio e ao longo do ano.

 

Durante a súa intervención, Merelles tamén apuntou que, segundo os datos do Observatorio de Sustentabilidade Turísticos, o sector hostaleiro galego alcanzou case 118 millóns de euros en ingresos nominais durante os cinco primeiros meses de 2025, un 2,9 % máis que no mesmo período do ano anterior.

21 de Xullo de 2025

Galicia consolida un turismo máis sostible e desestacionalizado, segundo Turismo de Galicia

Xosé Merelles destacou no Parlamento o crecemento equilibrado de viaxeiros na comunidade   O turismo en Galicia avanza cara a un modelo máis sostible, equilibrado e […]
14 de Xullo de 2025

O club de produto ‘Galicia Destino Sostible’ continúa a medrar con tres novas incorporacións e quince novas experiencias sostibles

O comité de avaliación aprobou o pasado venres, 11 de xullo, a incorporación de Casa Acuña, Hotel Spa Atlántico San Vicente do Mar e Hotel San Luis. 15 novas […]
02 de Xuño de 2025

Última oportunidade para inscribirse no webinar “Recarga para vehículos eléctricos. Unha oportunidade para o turismo galego”

A sesión será vía en liña e celebrarase o martes, 3 de xuño, ás 16:30 horas.   Este martes, 3 de xuño, ás 16:30 h, o […]
14 de Maio de 2025

O Club de Produto Galicia Destino Sostible consolídase con máis de 130 empresas adheridas e 150 produtos

 A iniciativa, froito da colaboración entre o Clúster de Turismo e a Xunta para aglutinar nunha mesma plataforma a oferta de turismo sostible da Comunidade, está […]