• A Axencia de Turismo de Galicia ofrece axudas para a compra de bicicletas e patinetes eléctricos e a instalación de estacións de reparación e puntos de carga nas Rutas do Viño de Galicia, co obxectivo de promover a mobilidade sostible.

 

A finalidade das axudas é a concesión de axudas para establecementos turísticos de aloxamento e adegas situadas nos territorios das cinco Rutas do Viño de Galicia para a adquisición, instalación e posta en funcionamento de bicicletas e patinetes eléctricos, estacións de reparación e puntos de recarga, así como para a creación dun sistema de xestión destes vehículos eléctricos e a comunicación destas experiencias, promovendo as sinerxías entre os actores que as conforman así como fomentando a mellora da experiencia enogastronómica e a posta en valor dos produtos vitivinícola

 

Hai catro liñas de gasto subvencionables para cada proxecto:

 

  • Liña 1: Estacións de reparación e puntos de carga e restauración paisaxística.
  • Liña 2: Adquisición de vehículos eléctricos: bicicletas e patinetes eléctricos.
  • Liña 3: Creación e implantación do sistema de xestión de vehículos eléctricos.
  • Liña 4: Sinalética e información sobre experiencias creadas con vehículos eléctricos.

 

Podes consultar a orde que regula as axudas con máis detálle na seguinte ligazón.

Proceso de solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia introducindo o código do procedemento TU503K na barra de busca.  O prazo de solicitude é do 15 de febreiro de 2025 ao 16 de febreiro de 2026.

10 de Decembro de 2025

Axudas á mobilidade sostible nas Rutas do Viño de Galicia

A Axencia de Turismo de Galicia ofrece axudas para a compra de bicicletas e patinetes eléctricos e a instalación de estacións de reparación e puntos de […]
01 de Decembro de 2025

25 profesionais participan no programa formativo “Turismo Intelixente: ferramentas IA para a transformación do sector”

A semana pasada comezou en Pontevedra o programa formativo “Turismo Intelixente: ferramentas IA para a transformación do sector”, unha iniciativa do Clúster Turismo de Galicia, a […]
01 de Decembro de 2025

Remátase o prazo para solicitar as axudas para o embelecemento do litoral

A data máxima para solicitar estas axudas remata o 12 de decembro de 2025.   A Axencia de Turismo de Galicia anunciou unha nova convocatoria de […]
18 de Novembro de 2025

Éxito de participación na xornada “Turismo Intelixente: ferramentas IA para a transformación do sector”, celebrada en Ponteareas

A sesión inaugural reuniu a expertos en intelixencia artificial e profesionais do turismo galego para analizar as oportunidades que ofrece a IA na xestión e sostibilidade […]