Convocatorias

Co obxectivo de ofrecer formación especializada na promoción do Destino Galicia, a Xunta de Galicia habilitou orzamento para a convocatoria en 2017 dun total de 14 bolsas de formación para titulados. Cun investimento de 178.477,3 euros, as bolsas, que se concederán en réxime de concorrencia competitiva, desenvolveranse tanto dentro como fóra de Galicia. Así, cinco delas terán como destino Londres, París, Berlín, Sao Paulo e Los Ángeles , ao ser considerados os prinicipales mercados emisores de turismo para Galicia.

O obxectivo destas bolsas é promover unha oferta práctica especializada que permitirá aos seus beneficiarios formarse como expertos en materia de promoción exterior do turismo galegos, traballando para a mellora da captación de fluxos turísticos cara á nosa comunidade así como traballando na mellora da comercialización e difusión dos produtos turísticos de Galicia. O nove restantes levarán a cabo nos departamentos de Turismo de Galicia, unha delas estará dirixida á Área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia, departamento crucial para potenciar Galicia como un destino turístico máis competitivo. O bolseiro, neste caso, aprenderá sobre o tratamento e a análise de datos turísticos. O oito bolsas restantes terán unha duración de seis meses e serán para a formación especializada en promoción e información turística e terán como destino as oficinas de turismo das cidades de Santiago, con tres prazas, e da Coruña, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense, cunha praza en cada caso. Estas oficinas de información turística prestan un servizo importante para os turistas e visitantes e contribúen a proxectar a imaxe de Galicia no exterior. Turismo de Galicia convoca estas bolsas de formación co obxectivo de permitir aos titulados acceder a prácticas tuteladas que actualicen e melloren os seus coñecementos e habilidades en materia turística.

Estas bolsas convócanse con carácter anual co obxectivo de seguir mellorando na competitividade do destino Galicia e a súa convocatoria anunciarase a través do Diario Oficial de Galicia.

03 de Xaneiro de 2017

Turismo de Galicia destinará case 180.000 euros a 14 bolsas de formación en turismo

Co obxectivo de ofrecer formación especializada na promoción do Destino Galicia, a Xunta de Galicia habilitou orzamento para a convocatoria en 2017 dun total de 14 […]
14 de Setembro de 2016

Responsabilízate, un programa para a implantación da RSE nas empresas galegas

Co obxectivo de seguir impulsando a implantación da RSE no tecido empresarial galego, a Consellería de Economía, Emprego e Industria puxo en marcha o programa Responsabilizate, […]
21 de Abril de 2016

O Clúster de Turismo lanza o seu concurso de ideas para executar proxectos turísticos conxuntos en 2016

Os proxectos deberán ser presentados antes do 20 de maio para o seu desenvolvemento por parte do Clúster Turismo de Galicia antes de novembro de 2016 […]
14 de Abril de 2016

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de “asistencia técnica para o desenvolvemento dunha campaña de promoción a través do programa Presume de Galicia” coa colaboración da Xunta de Galicia -Axencia Turismo de Galicia

Descarga