Congresos

  • A presentación inaugural terá o lugar o vindeiro mércores, 24 de xaneiro, a partir das 11:45 horas no Pavillón 9.
  • Serán tres días de intensa actividade na feira internacional, con preto de 50 presentacións do destino Galicia.

 

O sector turístico galego xa está preparado para a súa promoción en Fitur 2024. A actividade comezará o día inaugural da feira internacional, coa presentación “Galicia es agua, Galicia es futuro”, unha conferencia organizada pola Axencia Turismo de Galicia, Xunta de Galicia e Clúster Turismo de Galicia. Esta presentación poderase seguir por streaming a través da páxina principal da web do Clúster, onde aparecerá destacado o vídeo coa emisión en directo.

 

Tras esta presentación inaugural, darase comezo a tres días de intensa actividade e traballo, con preto de 50 presentacións a través das cales se darán a coñecer novas campañas turísticas do territorio e presentacións de destino e experiencias. Podes consultar o programa completo de actos do stand de Galicia nesta ligazón.

 

Un ano máis, o Clúster Turismo de Galicia xestionará o espazo de negocios do espazo de Galicia. Poñerase a disposición dos asociados diversas mesas nas que poderán manter reunións con operadores turísticos. Ademais disto, o CTG participará en diversas presentacións do evento, e contará cun mostrador no que dará a coñecer o turismo sostible e familiar en Fitur, promocionando iniciativas como Galicia Destino Sostible ou Galicia Destino Familiar.

 

Os días para profesionais desta feira de turismo internacional terán lugar do 24 ao 26 de xaneiro en IFEMA, Madrid. O stand do destino Galicia localizarase no Pavillón 9, máis concretamente nas parcelas 9C07 e 9C09 (co acceso recomendado pola Porta Norte do recinto feiral). Desde a organización do evento prevén a asistencia de ata 150.000 profesionais. A feira apunta a cifras récord con 9.000 empresas participantes, 152 países e 806 expositores titulares que despregarán a súa oferta ao longo de 9 pavillóns, un máis que no 2023.

22 de Xaneiro de 2024

Xunta e Clúster promocionarán o destino Galicia en Fitur 2024 coa presentación “Galicia es agua, Galicia es futuro”

A presentación inaugural terá o lugar o vindeiro mércores, 24 de xaneiro, a partir das 11:45 horas no Pavillón 9. Serán tres días de intensa actividade […]
21 de Novembro de 2023

A IBTM World, unha das feiras máis importantes especializadas en turismo MICE, celébrase do 28 ao 30 de novembro en Barcelona

O sector turístico galego estará representado a través do espazo de Turespaña, que albergará as propostas de Turismo de Galicia e Galicia MICE.   Barcelona converterase […]
18 de Setembro de 2023

O Clúster organiza unha nova misión comercial á WTM de Londres

Unha vintena de empresas galegas poderán participar na viaxe á feira internacional de turismo, que terá lugar na capital británica do 6 ao 8 de novembro. […]
22 de Setembro de 2020

Pontevedra acolle a I Xornada Internacional de Turismo Mariñeiro e Pescaturismo

Impulsada polos Galp das Rías Baixas, o encontro celébrase o 24 e 25 de setembro no marco do proxecto de cooperación Mar dás Illas Os Grupos […]