editor-web

Desde este domingo e ata até o vindeiro 8 de xullo os Camiños do Norte xóganse en Bonn, Alemaña, a súa inclusión na lista do Patrimonio Mundial da Unesco. A candidatura, que sería unha ampliación do Camiño de Santiago de Compostela, xa recoñecido, debartirase esta semana durante a celebración da 39ª sesión do Comité do Patrimonio Mundial, concretamente os días, 3, 4 e 5 de xullo, cando os gobernos autonómicos de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e La Rioja, así como o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte do Goberno de España deberán defender a candidatura presentada. Esta non só propón o recoñecemento da catro rutas singulares: o Camiño da Costa, o Camiño Primitivo, o Lebaniego e o Vasco-Rioxano, senón que abarca a inclusión nominal dun total de dezaseis monumentos da máxima relevancia e valor cultural. No caso de Galicia, recoñécense singularmente catro: a Muralla e a Catedral lucenses, a Catedral mindoniense e o Mosteiro de Sobrado dos Monxes.

De conseguirse tal recoñecemento, o máximo que pode recibir un ben con carácter internacional, Galicia conseguiría ademais incrementar a súa nómida de bens declarados Patrimonio Mundial da Unesco. Actualmente xa son a Cidade vella de Santiago de Compostela, elixida en 1985; o Camiño de Santiago Francés, inscrito en 1993; a Muralla romana de Lugo recoñecida no 2000; e a Torre de Hércules, que alcanzou a súa inclusión en 2009.

Os Camiños do Norte presenta a súa candidatura xunto con outras 37 máis, que inclúen cinco sitios naturais, trinta e un culturais e un de carácter mixto. A reunión do Comité do Patrimonio Mundial en Bonn supón a derradeira etapa dun proceso que comezou hai sete anos e co que a Xunta de Galicia estivo comprometido desde o primeiro momento. En calquera caso, cómpre lembrar que non todas as candidaturas serán admitidas, de xeito que é preciso amosar a máxima cautela.

Longo camiño

O proceso perante a UNESCO comezou coa inclusión dos Camiños do Norte na Lista indicativa nacional no ano 2007. A partir de aquí as comunidades de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e La Rioja, así como o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, elaboraron conxuntamente a candidatura, que inclúe, entre outros aspectos, a redacción dun expediente exhaustivo, os procesos de delimitación e protección e o sometemento a diversos informes e supervisións tanto da propia UNESCO como do ICOMOS como principal órgano asesor técnico nesta materia, algúns con visitas in situ.

Todos estes procesos desembocaron en setembro de 2014,cando tivo lugar a misión de avaliación de dous técnicos do Consello Internacional de Monumentos e Sitios Histórico-Artísticos (ICOMOS), órgano asesor da UNESCO. Os técnicos, tras percorrer 1500 km. de rutas e coñecer, un a un, os 16 lugares vencellados ao Camiño de Santiago do Norte propostos para a súa inscrición na Lista do Patrimonio Mundial e solicitar información complementaria, solicitaron finalmente a inclusión na Lista do Patrimonio Mundial dos camiños do norte. Toca agora agardar unha boa nova.

29 de Xuño de 2015

Semana decisiva para o recoñecemento dos Camiños do Norte como Patrimonio da Unesco

Desde este domingo e ata até o vindeiro 8 de xullo os Camiños do Norte xóganse en Bonn, Alemaña, a súa inclusión na lista do Patrimonio […]
29 de Xuño de 2015

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de “creación dunha central de reservas de Galicia especializada en turismo rural e campaña de adhesión de establecementos” cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (feder 2007-2013), e coa colaboración da Xunta de Galicia – Axencia Turismo de Galicia.

Descagar o prego
25 de Xuño de 2015

Conciertos y actividades lúdicas para la programación de verano de los palacios de congresos

Los palacios de congresos integrados en OPC Galicia continúan con sus actividades en verano con un programa cargado de eventos entre los que no faltan conciertos, […]
25 de Xuño de 2015

Galicia Open Future presenta o vindeiro 2 de xullo a súa segunda edición

O equipo de Galicia Open Future presentará a iniciativa Telefónica Open Future e o seu programa de aceleración de startups en Galicia que dará comezo o […]