Acceso regulado á praia das Catedrais durante a Semana Santa

Acceso regulado á praia das Catedrais durante a Semana Santa

Os grupos de máis de 30 persoas poderán xestionar solicitudes a través das diferentes entidades que xestionan autorizacións, como o Clúster de Turismo, entre outras

Durante o período de Semana Santa, entre o 19 e o 28 de marzo, a Xunta volve pór en marcha o sistema de acceso regulado ao Monumento Natural Praia das Catedrais, en Lugo, de acordo co plan de conservación aprobado en xuño pasado para a sustentabilidade do areal. Segundo este plan establécese unha cota máxima de 4.812 persoas ao día en tempada alta.

As 4.812 autorizacións para acceder ao areal repartiranse por cotas entre distintas entidades públicas e privadas, de modo que a maioría -3.486- distribuiranse a través da web https://ascatedrais.xunta.es, onde os visitantes poden facer o seu reserva a través dun sinxelo formulario.

Para os grupos de máis de 30 persoas así como para axencias de viaxes e turoperadores, poderán porse en contacto con outras entidades que tamén xestionan reservas como a Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense, que xestiona 480 autorizadores; 329 xestiónanas directamente os hoteis de Ribadeo; 165 a empresa de autobuses EOCAR -que fai a ruta entre Ribadeo e As Catedrais- e 112 entre os taxistas de Ribadeo, así como 240 que son xestionadas directamente polo Clúster Turismo de Galicia;

Na entrada da praia haberá catro profesionais que controlarán o acceso, informarán os visitantes sobre a forma de conseguir a autorización se chegan sen ela e explicaranlles os servizos que teñen á súa disposición.