Abertas as inscricións para o workshop profesional de Fairway Santiago 2025 con condicións especiais para as empresas asociadas ao CTG

Abertas as inscricións para o workshop profesional de Fairway Santiago 2025 con condicións especiais para as empresas asociadas ao CTG

  • As empresas asociadas ao Clúster poderán beneficiarse dunha cota de participación bonificada pola súa vinculación institucional.

 

O prazo de inscrición para o workshop profesional de Fairway Santiago 2025, que se celebrará os días 10 e 11 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela), xa está aberto.

 

Este encontro, centrado no Camiño de Santiago, reunirá a empresas turísticas galegas e nacionais con compradores internacionais especializados (Hosted Buyers). As empresas asociadas ao Clúster poderán beneficiarse dunha cota de participación bonificada, en virtude da súa vinculación institucional, cun custo de 230 euros máis IVE (278,30 euros en total).

 

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 10 de outubro de 2025, con prazas limitadas. Permitirase a participación de ata dúas persoas por empresa, sendo recomendable que polo menos una delas teña coñecementos de inglés. Para acollerse ao desconto, é imprescindible indicar “Clúster de Turismo de Galicia” ao seleccionar a modalidade de pago “Cuota Inscripción Bonificada por vinculación a Institución /Asociación”.

 

Unha vez finalizado o período de inscrición, as empresas recibirán acceso á plataforma do workshop, onde poderán consultar a listaxe de Hosted Buyers participantes e seleccionar as súas preferencias de reunións. Aproximadamente quince días antes do evento facilitarase a axenda personalizada de encontros, axustada na medida do posible ás solicitudes realizadas.

 

Fairway Santiago 2025 representa unha importante oportunidade de promoción e comercialización para as empresas vinculadas ao Camiño de Santiago, nunha contorna profesional orientada ao intercambio e a xeración de negocio.