Galicia promociónase en Frankfurt como destino para o turismo de congresos e incentivos

ACTIVIDADES

Galicia promociónase en Frankfurt como destino para o turismo de congresos e incentivos

No marco da Feira IMEX participaron representantes do sector MICE galego como Palexco, ExpoCoruña e Vigo Convention Bureau

Unha representación do sector MICE galego deuse cita esta semana na feira IMEX de Frankfurt, unha das citas profesionais máis importantes no ámbito do turismo de reunións. Do 19 ao 21 de abril, responsables de ExpoCoruñaPalexco e Vigo Convetion Bureau, acompañados de representantes de Turismo da Coruña e da man de Turismo de Galicia estiveron presentes neste espazo de promoción co obxectivo de dar a coñecer Galicia como destino ideal para o turismo de congresos e incentivos.

Actividades
Dentro das actividades que se desenvolven neste certame destacaron as xuntas de traballo cos principais operadores turísticos europeos relacionados co turismo de reunións, as presentacións a medios e profesionais a través do acto “A Noite de España” así como o espazo expositivo de Turismo de Galicia que permitiu dar a coñecer a oferta galega vinculada cos congresos como con outros recursos paisaxísticos, gastronómicos ou de infraestrutura hoteleira.

A feira IMEX de Frankfurt consolidouse como unha cita imprescindible para o sector MICE, cunha edición que superou os 3500 expositores de 150 países e coa visita de máis de 9000 profesionais vinculados ao sector.