Co obxectivo de dar a coñecer a oferta turística da nosa comunidade, o Clúster de Turismo de Galicia está a organizar unha xornada presentación que terá lugar en Lisboa, o día 30 de outubro, no Altis Grand Hotel. Este evento consistirá nun workshop con axentes de viaxes da zona, seguido dun cóctel degustación.
Un máximo de 40 empresas galegas participarán neste workshop co obxectivo de favorecer ao máximo o networking entre estas e a turoperación local. No workshop estará presente unha persoa por empresa (en caso de querer asistir dous, é preciso solicitalo e a asistencia da segunda persoa estaría suxeita a dispoñibilidade unha vez expirado o prazo de solicitudes) e as prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición, que se pode realizar a través deste formulario antes do 10 de outubro, data límite para realizar a solicitude.
Este workshop é o terceiro e último que celebra o Clúster de Turismo de Galicia este ano, tras Málaga e Sevilla, e o único de carácter internacional, dándolle continuidade aos celebrados en edicións anteriores, que xa permitiron achegar a oferta turística galega á tuperación lusa, entre outros destinos.