Xornada sobre eficiencia enerxética e mellora da sustentabilidade nas empresas turísticas galegas

ACTIVIDADES

Xornada sobre eficiencia enerxética e mellora da sustentabilidade nas empresas turísticas galegas

Santiago de Compostela acollerá o próximo 25 de abril unha xornada aberta e gratuíta para achegar ao sector as posibilidades de mellora na súa eficiencia enerxética a través da geotermia. A cita é froito da colaboración do Clúster de Turismo de Galicia e ACLUXEGA e conta, ademais, coa participación de Energylab e o apoio do INEGA. A xornada nace da convicción de que o sector turístico ten aínda unha ampla marxe de mellora no que a eficiencia enerxética refírese para cumprir un do resto da Estratexia do Turismo de Galicia 2020, que establece como obxectivo a sustentabilidade das infraestruturas turísticas.

Con esta xornada, orientada aos profesionais do sector, mpresarios, directores, xefes de mantemento?. preténdese sensibilizar e demostrar boas prácticas nesta materia, impulsar medidas de aforro e eficiencia enerxética, difundindo ferramentas que faciliten a aplicación de melloras e sensibilizando ao empresariado turístico galego da importancia de mellorar a pegada de carbono con accións que, ademais, permiten optimizar custos empresariais.

A xornada terá lugar na Cidade da Cultura e centrarase en dous aspectos de interese: rendibilidade versus eficiencia enerxética e responder á pregunta de que é a geotermia e como se aplicaría, coa explicación de casos concretos e edificios singulares hostaleiros entre eles, contribuíndo a dar a coñecer a geotermia e as súas posiblidades de aforro, eficiencia e sustentabilidade para o sector turístico galego. A inscrición xa está aberta e a asistencia, gratuíta até completar o aforamento.

Inscríbete na xornada

Consulta o programa